Notas de prensa

Galicia pide a Canadá que apoie o mantenemento do status quo para a frota galega no cumio da NAFO

Carmen Gallego propúxolle a Canadá que participe nun proxecto europeo de investigación que liderará Galicia e no que tamén tomarán parte Noruega e Irlanda.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo en San Caetano unha xuntanza oficial co Ministro de Pesca de Canadá, Loyola Hearn, que se atopa de viaxe oficial en España. No transcurso da reunión, Carmen Gallego convidou ao ministro canadiense a participar nun proxecto europeo de investigación que liderará Galicia no marco do Programa Operativo Plurianual de Cooperación Interrexional Europeo “Interreg”.

Esta iniciativa, cuxa definición se establecerá por parte da Comisión Europea en Lisboa os vindeiros días 21 e 22 de setembro, persegue a cooperación entre as rexións en materia de xestión costeira integral.

No proxecto de investigación que encabezará Galicia constan xa como participantes a nosa autonomía, xunto con Trondelag (Noruega) e Border, Midland and Western (BMW-Irlanda), comunidades costeiras que colaboraron ao longo dos últimos anos con grande éxito no marco do programa Aquareg.

A colaboración galego-canadiense no eido da investigación fraguouse de xeito oficial o 30 de abril deste ano coa sinatura dunha carta de intencións entre o Ministerio de Educación e Ciencia español e o de Pesa e Océanos de Canadá para cooperar en catro grandes áreas científicas. A formalización deste documento foi o resultado de dous cumios científicos celebrados no Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), en Vigo, e en Moncton.

No decurso deste encontro, ademais dos temas de investigación, a responsable galega de Pesca pediu ao dirixente canadiense o seu apoio á proposta española de manter a situación actual dos Tacs e Cuotas do fletán negro nas augas de NAFO (Organización de Pesca do Atlántico Noroccidental) para o ano 2008. Esta situación vén dada pola mellora do estado do caladoiro trala posta en marcha dun Plan Recuperación 2002/2007 no que, tal e como lle transmitiu a Conselleira, tanto o sector pesqueiro galego como a propia administración fixeron un importante esforzo. Neste senso, o ministro deste país norteamericano trasladoulle a intención do seu goberno de continuar cos niveis actuais dos topes de captura. Ambos os dous mandatarios coincidiron na importancia de traballar con informes científicos consolidados e firmes sobre o estado dos recursos nestas augas para a toma de decisións. Así mesmo, destacaron a necesidade de que, tanto Galicia como Canadá, potencien a súa colaboración pesqueira no ámbito comercial e empresarial, na investigación e no control das actividades extractivas na zona.

Finalmente, Carmen Gallego e Loyola Hearn, quen convidou oficialmente á Conselleira a visitar o seu país, acordaron o intercambio de experiencias en materia de acuicultura.

No encontro, que tivo lugar, estiveron presentes ademais o
secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel López Sieiro, a Viceministra de Pesca de Canadá, Michelle d’Auray, e o Embaixador deste país en España, Marc Lortie.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-09-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES