Notas de prensa

Descenden os accidentes laborais mortais rexistrados en Galicia en xullo

Sen embargo, os accidentes de traballo incrementáronse un 2'66% en comparación co mesmo periodo do ano anterior, según datos facilitados por CC.OO.

Os accidentes laborais con resultado de morte descenderon en xullo con respecto ao mes pasado e ao mesmo período de 2006
Con todo, os accidentes de traballo graves subiron un 2,66% en comparación co xullo pasado; Lugo é a provincia con máis accidentes en relación coa poboación afiliada

Segundo os últimos datos facilitados polo Ministerio de Traballo, en Galicia só se produciu un accidente laboral con resultado de morte —rexistrouse no sector da construción en Ponvedera—, un dato positivo se o compararmos cos 14 falecidos do mes pasado ou dos 5 traballadores que perderan a vida en xullo de 2006. O dato cobra especial importancia se tivermos en conta que a poboación afiliada en xullo de 2007 foi notablemente superior á dos dous períodos sinalados anteriormente.

No entanto, os accidentes laborais de carácter grave subiron un 2,66% en comparación con xullo de 2006 —pasouse de 73 a 75—, mentres que os leves tamén rexistran un notable incremento —de 3.481 a 4.239—. Novamente a comparación é máis positiva con respecto ao mes de xuño deste ano, xa que a pesar das diferenzas entre a poboación afiliada nos dous períodos (891.550 en xullo e 883.873 en xuño), a relación entre sinistros e poboación traballadora (índice de incidencia) baixa do 10,64% ao 8,41%.

Análise por provincias

A nivel provincial, o maior número de sinistros laborais graves rexístrase nas provincias costeiras, 29 en Pontevedra e 27 na Coruña, mentres que en Lugo e Ourense se produciron 11 e 8 respectivamente. Das catro provincias é Lugo a que rexistra máis accidentes graves en relación coa súa poboación afiliada, cun índice de incidencia do 10% —o dobre que o ano pasado—, seguida de preto por Ourense (9,19%), Pontevedra (8,95%) e A Coruña (7,29%).

Xerardo Uz (Oficina de Prensa de CC.OO.), 2007-09-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES