Notas de prensa

Pesca cede dous vehículos ao Estado de Santo Tomé e Príncipe para vixilancia e control dos recursos pesqueiros

Esta actuación enmárcase no Programa NAUTA, co que se pretende dotar de equipamento e coñecementos en materia de inspección marítima a varios países da África subsahariana.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos cederá dous vehículos todoterreo propiedade da Xunta de Galicia ao Estado de Santo Tomé e Príncipe para seren destinados a vixilancia e control dos recursos pesqueiros, segundo se recolle nunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Esta cesión está enmarcada no “Programa NAUTA”, unha iniciativa na que participa o departamento que dirixe Carmen Gallego xunto coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior e a Agencia Española de Cooperación Internacional (AECI).

Dacordo coa Orde do 8 de agosto de 2007, os vehículos deberán ser inscritos no Ministerio con competencias en materia de pesca e a cesión outorgarase con carácter definitivo trala súa formalización mediante acta subscrita pola Conselleira, secretario xeral ou persoa en quen delegue e o responsable en materia pesqueira do Estado de Santo Tomé ou a persoa en quen delegue. Unha vez asinada a devandita acta, o país africano farase cargo de todos os gastos de mantemento e reparación dos automóbiles.

Coa cesión destes dous vehículos péchanse as tres actuacións previstas dentro do “Programa NAUTA” para Santo Tomé e Príncipe. A primeira delas consistiu na realización “in situ” dunha diagnose do servizo de vixilancia marítima por parte de técnicos do Servizo de Gardacostas e do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar). Posteriormente, desenvolviuse unha acción formativa en dous ciclos, dos cales un foi impartido no propio país e o outro tivo lugar en Galicia. A terceira e última acción consiste na dotación de equipamento en materia de vixilancia e inspección pesqueira segundo as necesidades identificadas na fase de diagnose.

Cabe sinalar que no marco do “Programa NAUTA” tamén se están realizando estas tres actuacións noutros dous estados da África Subsahariana: Cabo Verde e Guinea Bissau. De feito, técnicos de Gardacostas e do Cetmar tamén estiveron nestes dous países que, á súa vez, tamén enviaron persoal á nosa Comunidade autónoma onde recibiron unha formación “á carta” en función das súas necesidades. Nesta liña de colaboración, Cabo Verde e Guinea Bissau tamén serán dotados con equipamento.

O propósito do “Programa NAUTA” é aportar coñecementos e material no eido da vixilancia e a inspección marítima, co obxectivo último de dar un pulo ao progreso económico e social dos devanditos estados, a través do desenvolvemento das zonas vencelladas á pesca. Ademais, preténdese que ese impulso sexa compatible coa conservación e xestión sostible dos recursos mariños.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-09-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES