Notas de prensa

Carmen Gallego visita as empresas acuícolas máis importantes de Noruega

A titular de Pesca do Goberno galego, de viaxe oficial para manter unha xuntanza coa Ministra de Pesca e Asuntos da Costa norueguesa, Helga Pedersen.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, iniciou a súa primeira visita oficial a Noruega, que se prolonga ata o mércores, día 15 de agosto. No decurso das xornadas a titular de Pesca do Goberno Galego, acompañada polo director do Centro Tecnolóxico do Mar-Cetmar, Alberto González Garcés; o xefe do Condado de Soor-Trondelag, Tore Sandvik, e o
responsable de Programas Internacionais desta provincia, Pal Ranes, entre outras autoridades, coñeceu as instalacións das empresas acuícolas máis importantes deste país.

Carmen Gallego visitou na rexión de Hitra as instalacións de Marine Harvest, unha das principais compañías do mundo na cría de salmón no mar, e Hitramat, unha planta industrial líder na produción de cangrexo. A comitiva, xunto co coordinador irlandés do programa comunitario Aquareg, Alan Drumm, achegouse ata a granxa mariña de bacallao no mar, Frengen Havbruk. Así mesmo, visitou o Museo costeiro de Stadsbygd, que tenta manter a tradición das embarcacións tradicionais de madeira de Noruega, e reuniuse co alcalde da zona.

Xa de volta a Trondheim, a Conselleira e o director do Cetmar asistiron a unha recepción ofrecida polo Bispo de Trondheim e, de seguido, visitaron a Catedral de Nidaros (“Nidarosdomen”), o principal templo cristián da nación e considerado de grande tradición para peregrinos do país e de todo o mundo. Ademais, participaron na recepción ofrecida pola Ministra de Pesca de Noruega, Helga Pedersen, con motivo da celebración da feira
AquaNor. Por último, a comitiva galega asiste á cea oficial organizada polo máximo responsable do Condado de Soor-Trondelag, Tore Sandvik.

A Conselleira de Pesca participa na inauguración da feira AquaNor e na apertura do stand de Trondelag. Este evento, que se celebra cada dous anos na cidade de Trondheim, ten por obxecto amosar durante dous días a profesionais e ao público en xeral os últimos avances en tecnoloxía acuícola, así como fomentar as relacións e colaboracións comerciais do país con outras nacións neste eido. Nas últimas edicións a feira contou con máis de 20.000 visitantes de 50 países.

Carmen Gallego Calvar manterá unha xuntanza coa Ministra de Pesca e Asuntos da Costa de Noruega, Helga Pedersen, co fin de abordar cuestións de interese para Galicia e Noruega.

A estancia oficial da titular de Pesca do Goberno galego ampliarase ata este mércores, día 15, cando presidirá a reunión do programa comunitario de cooperación interrexional Aquareg, que porá o punto final á súa primeira visita oficial a Noruega.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-08-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES