Notas de prensa

A conselleira de Pesca inicia a súa primeira visita oficial a Noruega

A titular de Pesca do Goberno galego prevé unha xuntanza coa Ministra de Pesca e Asuntos da Costa, coñecer as instalacións de empresas de acuicultura e procesado de peixe, e asistir á feira AquaNor.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, inicia a súa primeira viaxe oficial a Noruega que se prolongará durante tres días. No transcurso da súa estancia neste país manterá contactos coa Ministra de Pesca e Asuntos da Costa, Helga Pedersen, así como con diversas autoridades locais. Entre as actividades que realizará a Conselleira destacan as visitas ás instalacións de varias empresas norueguesas dedicadas á acuicultura e ao procesado de certas especies pesqueiras e aos museos costeiros de Fillan-Hitra e Stadsbygd. A responsable galega de Pesca participará, ademais, na inauguración da feira AquaNor, destinada ás novas tecnoloxías acuícolas.

Carmen Gallego, que estará acompañada na viaxe polo director do Centro Tecnolóxico do Mar-Cetmar, Alberto González Garcés, e por técnicos que participan no programa comunitario interrexional Aquareg; visitará nestes días as localidades de Trondheim e Brekstad, así como a Illa de Hitra, pertencentes todas elas ao condado de Soor-Trondelag.

O itinerario de actividades da Conselleira de Pesca iníciase hoxe mesmo coa visita ao Museo costeiro de Fillan-Hitra, un centro que amosa a zona da Illa de Hitra como a comunidade costeira máis típica de Noruega. Aproveitando a súa estancia nesta zona degustará no xantar os produtos pesqueiros máis típicos, para despois achegarse a unha das principais empresas do mundo na cría de salmón no mar, Marine Harvest. Tamén coñecerá de preto as instalacións de Hitramat, unha planta industrial líder na produción de cangrexo.

Visitas nos vindeiros días

O luns Carmen Gallego continuará co seu itinerario oficial que a levará á cidade de Brekstad onde proseguirá coas súas visitas á industria pesqueira e acuícola do país escandinavo. Coñecerá a planta de procesado de mexillón Snadder&Snaskum, e a Atlantic Cod Juveniles AS. Tamén se achegará ata o Museo costeiro de Stadsbygd onde xantará co alcalde da zona. Xa en Trondheim, a Conselleira visitará a Catedral de Nidaros,“Nidarosdomen”, o principal templo cristián da nación e considerado de grande tradición para peregrinos do país e de todo o mundo. Así mesmo, a titular de Pesca do Goberno galego asistirá a unha recepción oficial que ofrece habitualmente a Ministra de Pesca de Noruega, Helga Pedersen, con motivo da celebración da feira AquaNor. Pola noite, asistirá á cea oficial ofrecida polo xefe do Condado de Soor-Trondelag, Tore Sandvik.

O martes a comitiva galega manterá a súa estancia en Trondheim para participar na inauguración da feira AquaNor e na apertura do stand de Trondelag (unha das rexións socias de Galicia no programa Aquareg). Este evento, que se celebra cada dous anos nesta cidade norueguesa, ten por obxecto amosar durante dous días a profesionais e ao público en xeral os últimos avances en tecnoloxía acuícola, así como fomentar as relacións e colaboracións comerciais do país con outras nacións. Nas últimas edicións a feira contou con máis de 20.000 visitantes de 50 países.

Este mesmo día Carmen Gallego xantará coa alcaldesa de Trondheim, Rita Ottervik, e, posteriormente, manterá unha xuntanza coa Ministra de Pesca e Asuntos da Costa de Noruega, Helga Pedersen, na que se espera manteñan unha primeira toma de contacto e aborden temas de interese común para Galicia e Noruega.

Darase por finalizada a viaxe oficial a Noruega da Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos cunha recepción oficial e posterior cea ofrecidas pola Fundación AquaNor/NorFishing, responsable da organización da feira AquaNor.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Mariños da Xunta de Galicia, 2007-08-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES