Notas de prensa

Presentadas máis de 1.300 sinaturas pedindo a reapertura da mesa de negociación para os brigadistas contra os lumes

CC.OO. e CSIF promoven mobilizacións logo de máis de 20 meses sen acordo sobre unhas condicións de traballo dignas.

Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO) e CSIF presentaron 1.310 sinaturas no rexistro central da Presidencia. Pertencen ao persoal laboral do Servizo de Defensa contra Incendios (SDCIF) e están dirixidas ao presidente da Xunta e ao conselleiro do Medio Rural. Solicítanlles que se reabra a mesa de negociación
co obxectivo de acadar «un acordo de condicións de traballo igno» para os máis de 1.400 integrantes do SDCIF.

Este acto enmárcase na campaña de mobilizacións que vén protagonizando o colectivo, apoiado por CCOO, CSIF e APROPIGA, que logo de máis de 20 meses continúan «sen un acordo que os equipare co resto do persoal laboral da Xunta de Galicia».

Para CCOO e CSIF resulta «inexplicable» que despois dos actos reivindicativos celebrados os días 19 e 31 de xullo, «con gran participación dos traballadores e traballadoras» do servizo, a Consellaría do Medio Rural «siga negando un dereito tan elemental como o dereito a negociación colectiva». Lembran que a reapertura da mesa de negociación a piden todos os sindicatos, «tamén a CIG e a UGT», así como «a maior parte do persoal do SDCIF» e incluso unha sentenza do TSXG, con data de 6 de marzo, na que consideraba a negociación como a única saída razoable a este longo conflito
laboral.

En consecuencia, as centrais CCOO e CSIF consideran esta entrega de sinaturas como un chamamento «á sensatez e sensibilidade» do goberno da Xunta para que «escoite, atenda e resolva de inmediato as xustas e lexítimas reivindicacións dos traballadores no único sitio no que se pode facer: nunha mesa de negociación». Nese
ámbito débese negociar un acordo que garanta «dereitos laborais básicos» como son, segundo os sindicatos, os seguintes:

* Mantemento íntegro do SDCIF como servizo público
* Ampliación das contratacións do persoal discontinuo a 12 meses efectivos de traballo
* Recoñecemento da asignación do complemento de nocturnidade
* Regulación obxectiva e estable dos cadrantes de traballo.
* Regulación obxectiva do calendario de vacacións, con garantía de disfrute no período ordinario, así como o establecemento obxectivo de libranzas semanais en domingos alternos.

Xerardo Uz (Oficina de Prensa de CC.OO.), 2007-08-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES