Notas de prensa

As praias de Sanxenxo afectadas pola vertedura de gasóleo xa están abertas para o baño

Procedeuse a retirar o material absorbente polo que os areais retornan á normalidade. A áxil coordinación entre Salvamento Marítimo, Portos de Galicia e a Consellería de Pesca permitiu dar unha resposta eficaz á problemática.

As praias pontevedresas de A Panadeira e Lavapanos, pechadas previamente na xornada de onte por unha vertedura de gasóleo procedente do pesqueiro Eliécer, xa están novamente abertas para o o baño. A primeira hora desta mañá axentes do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca, xunto con técnicos de Portos de Galicia e de Salvamento Marítimo revisaron estas zonas e comprobaron que unicamente quedaba unha pequena irisación no fondo das dársenas que está prevista que se evapore ao longo da xornada.

En vista de que as demais áreas, incluidos os areais, estaban limpos procedeuse a retirar o material absorbente instalado no día de onte. Cabe lembrar que, a modo de prevención, despregáronse uns 350 metros de barreira absorbente para acotar a zona da vertedura e protexer as praias, dos que 140 metros son do Servizo de Gardacostas e foron colocados en A Panadeira. Ademais, empregáronse 400 unidades de panos e 100 metros de pano continuo.

A vertedura, de preto de 100 litros de gasóleo, rexistrouse a madrugada do sábado ao domingo debido a un erro no amarre da embarcación Eliécer que acabou escorando. Inmediatamente, activouse un protocolo de actuación no que participaron Salvamento Marítimo e as Consellerías de Política Territorial e Pesca e Asuntos Marítimos, de xeito que a coordinación entre estes departamentos permitiu dar unha resposta áxil e eficaz á
problemática. Así mesmo, cabe subliñar que nas tarefas de limpeza tamén participou persoal do porto deportivo de Sanxenxo.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-08-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES