
A Sala Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, acolleu a inauguración do IV Curso de Formación Continua As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora. Teatro infantil: texto e representación, organizado pola Biblioteca Fundación Caixa Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago.
Blanca-Ana Roig Rechou (Universidade de Santiago de Compostela), Pedro Lucas Domínguez (Biblioteca Fundación Caixa Galicia) e Adriana Gewerc (Universidade de Santiago de Compostela) deron a benvida ao alumnado, ensináronlles a navegar polo curso virtual e a facer uso das ferramentas de comunicación (foro, chat e correo electrónico).
Ademais, entregáronselles aos asistentes as súas claves de acceso e informaráselles de que se ampliou a matrícula e de que, polo tanto, o curso virtual se prolongará ao longo do mes de agosto. Neste curso están matriculadas máis de 120 persoas.
O profesorado, comunicantes e participantes nas distintas mesas representan a todos os axentes que fan posible a comunicación literaria: investigadores de todo o marco ibérico, é dicir, casteláns, cataláns, vascos, portugueses e galegos; editores, escritores, libreiros, bibliotecarios e profesores, que reflexionarán sobre as literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico, a súa influencia na formación lectora e sobre o teatro infantil.
A parte presencial do programa desenvolverase do 10 ao 13 de setembro en xornada de mañá e tarde na Biblioteca Fundación Caixa Galicia. A finalidade deste curso é afondar nunha temática, as literaturas infantís e xuvenís dos ámbitos lingüísticos ibéricos, xeralmente excluída dos planos de estudo das licenciaturas e diplomaturas e, sen embargo, dunha transcendencia fundamental en ámbitos básicos como a formación lectora e a expresión escrita no mundo das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.