
Galicia acolle do 26 de xuño ao 1 de xullo o Campionato de Europa de Augas Tranquilas de piragüísmo. Un total 479 deportistas provintes de 35 estados de toda Europa daranse cita nas instalacións de Verducido, en Pontevedra. Aproveitando a repercusión internacional deste evento, as consellarías de Cultura e Deporte e de Innovación e Industria realizaron unha serie de anuncios televisivos para promover a imaxe de Galiza en todo o mundo.
Tomadas desde o aire, os anuncios amosan diversas paisaxes do noso país mediante imaxes suxerentes. A idea da campaña céntrase na relación de Galiza coa auga: dos ríos, das praias, dos acantilados, dos deltas fluviais, etc. Galicia, spirit of water, Galicia, sprit deau e Galicia, espírito de auga son os os lemas destes anuncios que poderán seguir millóns de telespectadores en todo o mundo.
Os anuncios emitiranse durante a retaransmisión das probas finais durante a fin de semana (sábado e domingo) e poderán chegar a millóns de persoas. As probas van ser televisadas de maneira íntegra e simultánea ao través das canles internacionais da TVG: Galicia TV Europa con difusión en todo o territorio continental mediante satélite de acceso libre; e Galicia TV América, con cobertura en todo o continente agás na costa oeste dos Estados Unidos. Ademais o sinal da TVG chegará a todos os fogares españois conectados á plataforma Digital+ canle.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.