
O Turismo galego foi o gran protagonista da Gala de entrega dos premios Fitur 2007 (Feira Internacional de Turismo de Madrid), ao ser o noso país o único destino que recibiu dous galardóns, en diferentes categorías. O director Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria, Rubén Lois González, recolleu o recoñecemento a Turgalicia como mellor stand por Comunidades Autónomas do Estado premio compartido con Euskadi e Castela A Mancha na pasada edición de Fitur, celebrada a finais de xaneiro no recinto feiral de Madrid, no que tamén se desenvolveu este mediodía o acto de entrega de premios.
O xurado quixo recoñecer no stand galego a calidade, elegancia e orixinalidade da montaxe expositiva, que serviu de referencia para outros stands de promoción turística do país, montados polo Goberno Galego en diferentes feiras e certames do resto do Estado e do ámbito internacional ao longo de 2007.
Mariscadoras de Cambados
As mariscadoras de Cambados agrupadas na asociación Guimatur recolleron o outro premio concedido ao Turismo galego nesta Gala. A súa presidenta, María Xosé Cacabelos, recibiu de mans de Teresa Caramé, directora Xeral de Turismo do Concello de Madrid, a Mención Especial do Xurado no apartado de Turismo Activo, pola súa iniciativa Rotas turísticas por bancos marisqueiros. Este produto, enmarcado dentro do chamado turismo mariñeiro e pesqueiro, está a ser apoiado pola Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Innovación e Industria. Precisamente, a presentación deste novedoso proxecto turístico en Fitur 2007 tivo lugar no stand galego, tamén premiado.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.