
Special Olympics Galicia participou do 8 ao 10 de xuño no Campionato Europeo de Fútbol 7 Special Olympics celebrado en Helsinki, Finlandia.
O equipo galego participou neste evento deportivo para persoas con discapacidade intelectual en representación de España. O equipo galego estivo formado por xogadores das asociacións galegas APADER, de Cedeira; ASPRONAGA, da Coruña; e PRODEME, de Monforte de Lemos.
O equipo mediuse en preliminares a Rusia e a Lituania para establecer a categoría de participación. Ao perder ambos partidos entrou na disputa do Grupo División 2 no que se mediu a Holanda, perdendo este partido por 0-3; e a Finlandia, gañando este partido por 0-2 con goles de Juan Mirón Rúa. O equipo español, formado por xogadores galegos, pasou con estes resultados como segundo de grupo ás semifinales.
España perdeu ante Hungría por 5 goles a 0, e na disputa polo 3 e 4 posto foi superada por Holanda por 2 goles a 1, o gol galego foi gracias á efectividade de Manuel Lourido.
Finalmente a clasificación do Grupo División 2 quedou do seguinte xeito: 1º Hungría. 2º Turquía. 3º Holanda. 4º España. 5º Finlandia. 6º Suiza.
Os xogadores galegos voltaron a España moi contentos pola súa participación neste evento internacional e con gañas de seguir adestrando para conseguir un mellor resultado nos vindeiros eventos europeos nos que participen.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.