
A Copa da S.M. "El Rey", celebrada este sábado na cidade de GandÃa (Valencia), é o campionato máis destacado e importante a nivel nacional na categorÃa de Pesos OlÃmpicos, e os resultados desta competición puntuarán no Ranking OlÃmpico de 2007.
A Selección Galega de Pesos OlÃmpicos rematou o campionato co ouro de EstefanÃa Hernández (Clube Natural Sport-Riveira) en -57kg, a prata de Lúa Piñeiro (Clube OlÃmpic-VilagarcÃa) en -67kg, e os bronces de Ileana RodrÃguez (Clube Area-Vigo) en peso pesado, Eric Benito (Clube Athenas-Vigo) en -58kg e Pablo Casares (Clube Kiap-Vigo) en peso pesado, deixando a Galicia clasificada no segundo posto.
Os galegos obtiveron uns resultados relevantes coas cinco medallas conquistadas, pese á ausencia de Andrea Rica que ocupa o primeiro posto no Ranking OlÃmpico e que renunciou á participación no campionato para preparar o Torneo PreolÃmpico Mundial que se celebrará no mes de setembro en Mánchester, e a ausencia de José Antonio Carregal que ó regreso do Campioato do Mundo tivo que ser operado dunha lesión nunha extremide inferior.
A deportista Lúa Piñeiro, con tan so dezaoito anos, está demostrando unha destacable traxectoria, coa prata do Campionato de España Absoluto e o ouro do Campionato de España Universitario, ademáis deste novo triunfo. Por outra banda, a deportista EstefanÃa Hernández progresa da recente lesión de ligamentos, integrándose novamente na competición de alto nivel e con resultados favorables, pois xa quedara en cuartos de final no Campionato de España Absoluto, ademáis do ouro conquistado no Campionato de España Universitario e a prata do Campionato de España por Clubes.
Con estes resultados, consolÃdase o dominio de Galicia na categorÃa de -57kg, e é probable que a Federación Española de Taekwondo aposte por ésta para representar a España no Campionato do Mundo.
Mañá celebrarase na mesma cidade o Campionato de España de Técnica de adultos, no que tamén participará a Selección Galega de Técnica.
A Xunta habilitou hoxe un apartado especÃfico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro dÃa 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aÃnda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.