A Asociación de Actores protesta pola non retransmisión da gala dos Max
A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, logo da reunión da súa Xunta Directiva o domingo 26, quere expresar a súa máis rotunda e irada protesta pola decisión da TVE de non retransmitir a gala de entrega dos Premios Max, que se celebrará en Vigo o 5 de maio.
A retransmisión desta gala pola segunda cadea da TVE viña sendo un hábito consolidado desde que se instituiron os premios Max e abráianos que este ano, e en datas tan tardÃas, se tome esta arbitraria decisión. IntuÃmos a man do Goberno detrás desta negativa, empurrado pola Xunta de Galicia, quen no seu momento negou o patrocinio a esta gala e agora pretende restarlle relevancia mediática á súa celebración na cidade de Vigo.
Non comprendemos por que, despois dos meses convulsos que atravesamos por mor do afundimento do Prestige e da guerra do Iraq, TVE se empeña en botarlle máis leña ao lume da crispación social e, sobre todo, nun tempo electoral no que o que máis cómpre por parte dun ente público son xestos de normalidade e non de controversia.
Asà pois esta nosa protesta vai máis alá do que nos afecta aos cómicos como gremio e quere ser unha voz que atinxe a toda a sociedade: unha voz contra a utilización sectaria dos medios públicos de comunicación por parte dos gobernos, unha voz a prol do exercicio efectivo da liberdade de expresión, un exercicio que Televisión Española, unha televisión de todos, ten obriga de garantir.
Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia, 2003-04-28
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.