Notas de prensa

Traducir investigación en esforzo útil de innovación, obxectivo de Feuga

O conselleiro de Economía apostou na xuntanza de Redfue por fomentar a tripla C: coñecemento, competitividade e crecemento económico.

As empresas e as universidades galegas teñen un papel fundamental no modelo de crecemento que está a impulsar o Goberno galego e que persegue o impulso dunha economía baseada na sociedade do coñecemento. O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, así o destacou en Santiago onde defendeu a necesidade de apostar por orientar o modelo da ‘tripla hélice’ –a cooperación entre empresas, universidades e Administración– “no impulso da tripla ‘C’ do coñecemento, a competitividade e o crecemento económico”. Esta aposta, segundo explicou, é considerada “estratéxica dentro da política económica do Goberno galego”, por canto permitirá ás empresas galegas e ao conxunto do tecido produtivo “competir con éxito no actual contexto de globalización dos mercados”.

Na súa intervención ante a Asamblea da Rede Española de Fundacións Universidade-Empresa (REDFUE) celebrada na sede de Feuga en Santiago, Fernández Antonio subliñou a importancia da cooperación entre as empresas e o sistema científico no proceso de afrontar procesos de innovación. Sen embargo, segundo advertiu, “é preciso traducir a investigación e o desenvolvemento en innovación produtiva”, de tal xeito, que a economía galega “sexa capaz de dixerir o esforzo investidor en I+D+i, traducindo o desenvolvemento tecnolóxico en produtos e procesos concretos, dotando así de músculo ás empresas galegas”. Neste sentido, o conselleiro animou aos membros da REDFUE a concentrar a súa actividade á consecución de resultados para obxectivos tales como o incremento do número de patentes e o impulso á creación de empresas innovadoras.

Estratexia do Goberno Galego

O conselleiro explicou que nun entorno económico cada vez máis competitivo, “o Goberno galego aposta por competir en actividades de alta cualificación, intensivas en coñecemento e contido tecnolóxico e que xeran un alto valor engadido”. Neste contexto, engadiu, “as tecnoloxías da información e da comunicación convértense en ferramentas indispensables para o desenvolvemento económico; como tamén o é, a selección de nichos concretos de actuación. “Debemos concentrar os esforzos para acercar a Universidade e a Administración á realidade económica e empresarial de Galicia e responder adecuadamente ás principais demandas e necesidades do noso tecido produtivo” concluíu.

NotaO conselleiro destacou que Galicia está a vivir un excelente momento económico no que conflúen o dinamismo empresarial, o clima de confianza e unha política económica orientada a crear un entorno competitivo para impulsar o crecemento. Neste marco económico favorable, a estratexia da Xunta de Galicia supón unha reorientación do modelo de desenvolvemento; “trátase de canalizar os recursos da UE cara o desenvolvemento dunha auténtica Sociedade do Coñecemento, a innovación e a competitividade”, afirmou. Por este motivo, unha das prioridades estratéxicas é a formación de capital humano debido “á súa contribución ao crecemento económico e á mellora da competitividade das nosas empresas”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, 2007-06-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES