
Máis de 10.000 traballadores beneficiaranse dos 45 millóns de euros dirixidos a incentivar a contratación por conta allea. Esta partida orzamentaria, xestionada pola ConsellerÃa de Traballo, ten por finalidade elevar a taxa de estabilidade do mercado laboral da Comunidade Autónoma. Ademais, búscase configurar un mercado de traballo máis inclusivo no que se atopen representados todos os colectivos sociais.
O reforzamento das taxas de estabilidade dirixidas a favorecer a contratación por conta allea de carácter indefinido faise compatible co fomento de contratación de traballadores en prácticas. Nalgúns casos, esta modalidade pode constituÃr un instrumento adecuado, como medida de inserción laboral para desempregados con titulacións de difÃcil empregabilidade ou cando se contraten en pequenas empresas de ata 30 traballadores.
As mulleres é un dos colectivos especialmente atendidos no conxunto de incentivos á contratación indefinida. O obxectivo é poñer a disposición das mulleres galegas medidas activas de polÃtica laboral, que favorezan a súa inserción no mercado laboral, a súa representación equilibrada en todas as profesións e sectores de actividade, asà como unha maior participación na taxa de actividade e ocupación. Ademais, contribúese a reducir o diferencial da taxa de desemprego entre homes e mulleres.
Axudas aos plans empresariais de incremento da estabilidade
Por outro lado, a ConsellerÃa de Traballo estableceu un programa de incentivos á contratación indefinida con orixe en plans empresariais de incremento de estabilidade. Neste senso, esÃxeselles as empresas que queiran acollerse a estas axudas acadar unha porcentaxe igual ou superior ao 72,50% de taxa de estabilidade.
Non obstante, consciente da importancia de que as taxas de estabilidade dos diferentes sectores de actividade se determinen mediante un acordo sectorial consensuado e pactado, regulase para o ano 2007 unha orde independente, o procedemento e os requisitos para acadar os acordos sobre a taxa nos diferentes sectores de actividade.
Dada a necesaria complementariedade entre as actuacións da Administración autonómica e da Administración estatal para fomentar un emprego estable e de calidade, as axudas para o fomento do emprego establecidas pola Xunta de Galicia son compatibles cos programas estatais de fomento do emprego en base a bonificacións das cotas empresariais á Seguridade Social aplicables en todo o Estado.
O prazo de presentación para acollerse a esta liña de incentivos á contratación por conta allea remata o 15 de setembro e, no caso dos programas de incentivos a plans empresariais o prazo finaliza o 31 de xullo.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
A Cidade da Cultura programa no mes de agosto en Atardecer no Gaiás catro solpores musicais con seis artistas que conxugan música urbana, pop, electrónica e rock para todos os gustos. Os concertos gratuÃtos ¡arrancan este xoves dÃa 6 coas guitarras e a distorsión de Dogo, grupo compostelán de rock alternativo con influencias do post-punk e o shoegaze, a partir do que constrúen temas de atmosferas densas e melodÃas envolventes en galego. O trÃo formado por Carlos Beiró, Xoan Escudero e Ãngel Refojo publicou o ano pasado o seu primeiro EP, Brutalismo.