Notas de prensa

Profesionais reclaman estabilidade laboral e medios e na loita contra os lumes

Só 63 enxeñeiros técnicos forestais deben facer fronte a todos os incendios que se producen en Galicia. Tamén piden profesionalización do sector.

Os enxeñeiros técnicos forestais da Xunta de Galicia, en especial aqueles que traballan na Dirección Xeral de Montes da Consellaría do Medio Rural, denuncian a súa caótica e precaria situación laboral: tan só 63 profesionais deben coordenar os traballos de extinción de todos incendios que se producen no noso país.

Ilustraron a súa queixa cunha comparación demoledora: sería o mesmo ca se esas 63 persoas tivesen de coordenar a metade dos incendios do Estado español ou a un de cada tres lumes que se rexistrasen en Europa -tal é a magnitude desta lacra en Galicia-.

Na rolda de prensa que celebraron en Santiago, representantes dos sindicatos CSI-CSIF, CIG, UGT e Comisións Obreiras (CCOO) expuxeron que os traballadores levan máis de tres anos «realizando un exercicio de responsabilidade» ao iren pospondo as suás reivindicacións para o inverno, a época máis tranquila, «sen que se nos teña dado unha solución».

Odón López (CCOO), enxeñeiro técnico do distrito de Noia, denunciou a actitude da Administración, que na súa opinión manifesta «a falta dunha vontade negociadora real» para solucionar os problemas que afectan ao colectivo. O principal, como se indicou, a falta de medios, para o que sería necesario -«como mínimo», subliñou-, un efectivo máis por distrito, ou sexa, reforzar o corpo con 19 profesionais máis.

Condicións laborais e salariais

Outra das grandes queixas é a que ten que ver cos horarios e quendas de traballo. «Existe unha total falta de regulación», sinalou Odón López, «somos os únicos funcionarios que chegamos a facer 96 horas á semana» e «ata 24 horas seguidas», uns extremos totalmente fóra da lei. A isto súmaselle «o grande estrés» que producen as súas responsabilidades no caso de incendios: deciden que persoal intervén, que medios aéreos e terrestres, dirixen as extincións que se complican, son responsables da seguridade de todo o persoal... «Nin sequera está regulado o máximo tempo que podemos estar neste sistema», apunta López, «a Administración dispón da nosa saúde a discreción», puntualizou.

Tampouco están regularizadas as vacacións, sobre todo en comparación con outros colectivos que traballan con eles, aseguraron. Piden, como mínimo, 15 días libres no verán. Con isto quérese facilitar que, cando menos, os profesionais poidan conciliar a súa vida persoal e a laboral.

No que respecta ás condicións salarais, denuncian que van cobrar menos ca en anos anteriores, e proporcionalmente menos que outros colectivos que están baixo a súa supervisión. «Pedimos que, como minimo, se retribúa a nosa responsabilidade en proporción aos corpos que diriximos», sinalou López.

Eventualidade e profesionalización

Segundo os representantes de CCOO na rolda de prensa, Odón López e Benxamín Vences, dentro do colectivo de enxeñeiros técnicos forestais hai unha alta taxa de interinidade, unha situación que é especialmente grave nos distritos que, como Ourense, teñen maior risco de incendios.

Segundo a súa análise, cómpre estabilizar laboralmente os traballadores, e é necesario tamén incidir na profesionalización de todo o servizo de extinción.

Neste sentido, critican duramente «a privatización deste servizo
público» a través da empresa Seagasa. Consideran que a decisión
«incrementará o gasto público» e non garantirá un trato equitativo cos traballadores que permanezan ás ordes da Administración. Ademais, «[Seagasa] precisará un investimento», principalmente en materia formativa.

Os representantes dos traballadores aseguran descoñecer a
cualificación profesional do persoal que traballará para Seagasa, así como as competencias e atribucións que terán. «O que nos prometen está por ver», afirmou Benxamín Vences, ao tempo que puntualizou que «non cremos que sexa bo nin para o país nin para os cidadáns». Fronte á privatización e á desprofesionalización, Vences e López contrapuxeron como aval os 16 anos de experiencia do actual corpo de enxeñeiros técnicos forestais.

Xerardo Uz (Oficina de Prensa de CC.OO.), 2007-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES