Notas de prensa

A Academia Galega do Audiovisual promove unhas xornadas para analizar a situación do sector

Baixo o título O estado das cousas, profesionais debaten sobre o audiovisual galego, desde as distintas perspectivas dos diferentes profesionais implicados no sector.

A Academia Galega do Audiovisual analiza a fondo a situación actual do audiovisual galego nunhas Xornadas que se celebran desde o mércores día 13 de xuño, e o xoves 14, e na seguinte semana, os mércores e xoves 20 e 21 de xuño respectivamente, e á que asistirán os socios e socias desta entidade.

Baixo o título de O ESTADO DAS COUSAS, a A.G.A. pretende repasar e analizar dende as distintas ópticas que respostan ós tamén distintos sectores culturais e profesionais implicados no sector audiovisual, a situación que atravesa o sector. Para elo, o tratamento que os Medios de Comunicación galegos fan co sector, ata o papel do mundo da cultura, a posición das institucións e a visión que os/as propi@s profesionais teñen do conxunto global do audiovisual, conforman o amplo abano temático no que se afondará, debullará e debatirá nestas Xornadas que se celebran nos devanditos días, de 19:00 a 21:00 hs., no Club Internacional de Prensa en Santiago, na Avda. da Coruña nº 6.

Así, @s membros da Academia Galega do Audiovisual participarán e asistirán ás Mesas-Debate que integran o seguinte Programa:

13 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Camilo Franco, Xornalista La Voz de Galicia
Santiago Jaureguízar, Xornalista El Progreso
Alfonso Pato, Onda Curta (TVG)
Antón Rodríguez López, Xornalista El Correo Gallego
María Yáñez, Xornalista e colaboradora TVG
Xaime Fandiño. Moderador

14 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: CULTURA

Antón Baamonde, Filósofo e escritor
Manuel Bragado, Edicións Xerais
Quico Cadaval, Director teatral
Marcial Gondar, Catedrático de Antropoloxía Social (USC)
Antía Otero, AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Nani García. Moderador

20 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: INSTITUCIÓNS.

José Antonio Delgado Arce, Director Xeral IGAPE
Manuel Fernández Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual, da Secretaría Xeral de Comunicación
Manuela Fraguela, Subdirectora Xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior da Consellería de Innovación e Industria
Eduardo Galán, Director de programas TVG
Manuel González, Asesor de audiovisuais Consellería de Cultura e Deportes
Paco Lodeiro. Moderador

21 DE XUÑO

19.00 – 21.00 H. Mesa redonda: PROFESIONAIS

Jorge Algora, Vicepresidente AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual)
Dolores Ben, Presidenta AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes)
Héctor Carré, Presidente CREA (Asociación de Directores e Realizadores galegos)
Beatriz Legerén, Presidenta EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet)
María Liaño, Presidenta ATEGA (Asociación dos Técnicos de Galicia do Audiovisual)
Vicente Montoto, Presidente AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
Pancho Casal, Vicepresidente Clúster Audiovisual Galego
Xosé H. Rivadulla Corcón, Presidente AGAG (Asociación Galega de Guionistas)
Carlos Ares. Moderador



Academia Galega do Audiovisual (Aga), 2007-06-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES