
Dentro do ciclo de conferencias Conversas con, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, está o día 20 de xuño en Compostela o director de cine británico Ken Loach. Ofrece o relatorio Cinema e compromiso social, ás oito da tarde, no Auditorio de Galiza. Ao mesmo tempo, e para ilustrar a obra deste cineasta e preparar esta conferencia, Xuventude organiza previamente un ciclo de cine no que se amosarán diferentes películas de Loach.
Os filmes de Ken Loach poden verse os días 11, 12, 13, 14 e 19 de xuño. O vindeiro luns, día 11, mostrarase a película Ladybird no Teatro Principal, ás 20.30h. Ao día seguinte, martes 12 de xuño -ás 20.30h-, na Facultade de Ciencias da Comunicación proxectarase My name is Joe. No mesmo lugar e á mesma hora, o mércores 13 de xuño, a película ofrecida será Bread and Roses. Na facultade de CC. da Comunicación verase The Navigators o xoves 14 de xuño, tamén ás 20.30h. O último filme que se mostrará neste ciclo vai ser Sweet Sixteen, no Teatro Principal o martes 19 de xuño, ás 20.30h.
Conversas con...
A Dirección Xeral de Xuventude comezou o ciclo Conversas con o pasado mes de abril coa participación de Nina Pacari, representante polos pobos indíxenas do Foro Permanente das Nacións Unidas. En maio trouxo ata Galiza a Alberto Torres Novoa, sociólogo peruano e director do Instituto Paulo Freire. Agora chega a Compostela o cineasta Ken Loach, e ao longo de todo o ano, contará con outros destacados relatores, tanto de ámbito nacional como internacional, con nomes como o do director do Instituto Paulo Freire, Carlos Alberto Torres Novoa ou o profesor de Socioloxía da Universidade de Binghamton (New York) e membro da conferencia antiimperialista Axis for Peace, James Petras.
A Vicepresidencia da Xunta pretende con Conversas con achegar a Galiza a temas socias de primeira índole que chaman á implicación da acción voluntaria e da participación.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.