A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) e a Escola Nacional de Bombeiros de Portugal organizan unha xornada baixo o título Problemática das comunicacións nos servizos de emerxencias transfronteirizos que se celebra no Salón de actos da Cooperativa Agraria de Montalegre (Portugal).
A xornada está destinada aos membros dos servizos de emerxencias: bombeiros, protección civil e outros colectivos interesados. Os participantes teñen que ser membros das institucións encadradas como socios dentro do Proxecto COFROEM, atendendo ás indicacións que lles poidan facer as dúas institucións organizadoras, que son as que inscribirán aos alumnos nesta actividade.
Este seminario ten unha duración de 6 horas, das 10.00 horas ás 14.00 h e das 16.00 h ás 18.00 h (hora española). Á asistencia ao mesmo dará dereito a un diploma que se expedirá conxuntamente por ambas entidades organizadoras, estando obrigados os alumnos en participar continuadamente na xornada para teren dereito ao mesmo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.