Notas de prensa

Pesca realiza unha nova solta de 2.500 alevíns de rodaballo na Lanzada

Se o tempo acompaña, técnicos do Igafa soltarán outros 2.500 exemplares máis na praia de O Carreiro. Enmárcanse no Plan de Repoboación de Especies Mariñas iniciado en outubro de 2005.

A Consellerí­a de Pesca e Asuntos Marí­timos, a través do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), levou a cabo a solta de 2.500 exemplares de alevíns de rodaballo, de entre 20 e 30 gramos, na praia de A Lanzada. Asímesmo, os ténicos do Igafa encargados desta labor, realizarán unha nova solta de 2.500 rodaballos na praia grovense de O Carreiro. Con estas novas actuacións, Pesca continúa co desenvolvemento do Plan de Repoboación de Especies Mariñas no Litoral Galego, que ten como obxectivo principal a recuperación de stocks de especies de alto valor comercial ao longo da costa galega.

Estes alevíns de rodaballo, introducidos no medio natural, foron sometidos, antes da súa solta, a estritos controis microbiolóxicos e patolóxicos por parte de técnicos e biólogos do Igafa coa finalidade de garantir as condicións sanitarias dos individuos e para evitar pragas e contaxios indesexados. Ademais, a cada exemplar, colocóselle unha etiqueta identificativa co teléfono do Igafa e cunha cifra referente ao
ano da súa solta, ó dicir, 2007. Nesta ocasión, como novidade, os técnicos empregaron etiquetas de diferentes cores (transparentes, amarelas e brancas) e de diversos tamaños, coa finalidade de que os rodaballos poidan camuflarse mellor ante posibles depredadores.

O sector pesqueiro, que manifestou o seu apoio a esta iniciativa da Conselleí­a de Pesca, comprometeuse a levar as especies que pesquen con etiqueta á confrarí­a máis cercana, que se encargará de poñerse en contacto co Igafa para que os técnicos se despracen á zona e recollan os exemplares. Deste xeito, dende a Consellerí­a de Pesca reclámaselle ao sector toda a colaboración posible.

No que respecta ao plan, haberá que agardar aproximadamente dous anos para coñecer os primeiros resultados e para dar conta do cumprimento das expectativas deste proxecto, é dicir, corroborar a adaptación das especies xuvení­s ao medio natural.

Accións de repoboación dende 2005

A Consellerí­a de Pesca continúa co Plan de Repoboación de
Especies Mariñas no Litoral Galego, que deu comezo en outubro de 2005, co que se introduciron ata o momento no medio natural un total de 20.000 exemplares de rodaballo, así­ como 2.300 xuvení­s de lumbrigante. A duración desta acción estratéxica, que leva a cabo o departamento que dirixe Carmen Gallego para xestionar certas pesqueirí­as que sufriron nos últimos anos un descenso importante no seu número de capturas, é de tres anos. Durante este perí­odo, preténdense introducir nas augas galegas ata un total de 30.000 exemplares de rodaballo, é dicir, 10.000 por ano, e 10.000 xuvení­s de lumbrigante.

A primeira experiencia deste tipo levouse a cabo en outubro de 2005 na praia de Lago (Muxí­a) coa solta de 10.000 aleví­ns de rodaballo. Xa no 2006 soltáronse outros 2.000 no mesmo areal e outros 3.000 máis no de Moreiras, pertencente ao mesmo Concello. Ademais, liberáronse 5.000 exemplares nas praias grovenses de O Carreiro e A Lanzada. A estas soltas hai que engadir as referidas nos mesmos areais de O Grove (un total de 5.000 unidades), así­ como a solta que a finais do verán se prevé realizar no entorno da Rí­a de Vigo. Desta forma,
situariamonos xa nos 30.000 exemplares, dando cumprimento ao propósito inicial do Plan de Repoboación.

No que respecta ao lumbrigante, este ano tivo lugar a primeira experiencia coa liberación de 2.300 xuvení­s desta especie na área mariña de Lira (Carnota). Ademais, prevese que nos vindeiros meses se realicen novas soltas de lumbrigante, ata chegar aos 10.000 exemplares neste exercicio. A zona elixida para o estudo desta especie está en Lira, que conta dende o pasado mes de abril cunha Reserva Mariña Protexida, e será ahí­ onde se farán tamén as próximas soltas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES