
A Biblioteca Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela acolle durante o mes de xuño a exposición de orixinais das ilustracións do libro A Princesa do Caurel, de Marisa Núñez que contén as ilustracións de Javier Solchaga. A mostra inaugúrase coincidindo coa visita dos alumnos de 4º de primaria do colexio Peleteiro de Santiago.
Ademais, durante todo o mes de xuño, os máis cativos tamén poden gozar na Biblioteca do ciclo A biblioteca de Tintín, unha serie de proxeccións diarias de filmes de Tintín.
Este libro ven de ser seleccionado pola Biblioteca Internacional da Mocidade de Múnic para os premios White Ravens que elixen os libros infantís e xuvenís considerados de máis interese do mundo por tratar temas de alcance universal e pola súa calidade literaria, artística e de deseño.
A exposición A princesa do Caurel conta con ilustración tridimensional elaborada a partir de elementos reciclados (botellas, madeira, pedras, arame...). O ilustrador presenta obxectos e personaxes (anel, pano, pau...) desde un ángulo imposible, para que o lector tente adiviñar o suxeito protagonista da seguinte acción.
Nesta mostra, que pode visitarse ata o 30 de xuño, texto e imaxe compleméntanse nun conto que revela outros puntos de vista e esperta a imaxinación dos máis pequenos.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.