
O director xeral de Turismo da Consellaría de Innovación e Industria, Rubén Lois, e o director-xerente de Turgalicia, Xesús Pereira, presentaron en Santiago dúas novas publicacións informativas turísticas que inclúen os principais acontecementos lúdicos previstos para o verán nos concellos galegos e unha relación dos principais servizos turísticos do territorio galego.
A publicación Verán de lecer, da que se tiraron 3.000 exemplares para a súa distribución en oficinas de Turismo e outros centros informativos, inclúe toda a información facilitada polos 315 concellos de Galiza relativa aos acontecementos estivais relacionados co lecer.
Así, nesta guía turística pódese atopar información sobre festas, mostras, romarías, concertos, competicións, encontros, xogos e calquera outra manifestación lúdica e cultural. A información desta publicación agrúpase segundo o concello onde ten lugar o evento, especificando a data. Ademais, a guía aporta os contactos de cada concello e salienta as festas de interese turístico.
Como anexo, esta publicación incorpora enderezos e teléfonos das oficinas de Turismo e un mapa coa localización das festas de interese turístico. Os datos desta guía están dispoñibles en internet, na páxina web da Consellería de Innovación e Industria.
Directorio turístico
Por outra parte, presentouse a publicación Directorio Turístico, que inclúe unha relación dos principais servizos turísticos de Galiza -empresas e actividade turísticas, e restauración e profesións relacionadas co Turismo-.
Esta publicación foi coordenada pola Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo, con información útil enderezo, teléfono e categoría- sobre os servizos turísticos de Galiza. A información desta guía ofrécese tanto en papel como en soporte dixital, a través dun CD- rom.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.