Notas de prensa

El Marco de Vigo acoge la muestra Nuevos horizontes: artistas contemporáneos de Francia

La muestra se puede ver hasta el 30 de septiembre de 2007. Se trata de una coproducción entre el CRAC Alsace (Francia), La Centrale Électrique (Bruxelas, Bélxica) y MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Artistas expositores:

• Virginie Barré (Quimper, 1970; vive e traballa en Douarnenez)
• Katia Bourdarel (Marsella, 1969; vive e traballa en Marsella)
• Martin Le Chevallier (Fontenay-aux-Roses, 1968; vive e traballa en París)
• Alain Declercq (Moulins, 1969; vive e traballa en París)
• Brice Dellsperger (Cannes, 1972; vive e traballa en París)
• Julien Discrit (Epernay, 1978; vive e traballa en París)
• Laurent Grasso (Mulhouse, 1972; vive e traballa en París)
• Clarisse Hahn (París, 1973; vive e traballa en París)
• Élodie Huet (1976; vive e traballa en París)
• Patrick Jeannes (Cauderan, vive e traballa en París)
• Vincent Labaume (Cosne-sur-Loire, 1965; vive e traballa en París)
• Corinne Marchetti (Marsella, 1972; vive e traballa en Marsella)
• Philippe Meste (Rennes, 1966; vive e traballa en París)
• Valérie Mréjen (París, 1969; vive e traballa en París)
• Bruno Peinado (Montpellier, 1970; vive e traballa en Douarnenez e Nova York)
• Frank Perrin (1963; vive e traballa en París)
• Fabien Rigobert (Calais, 1968; vive e traballa en París)
• Amandine Sacquin (Montbéliard, 1985; vive e traballa en Mulhouse)
• Bruno Serralongue (Châtellerault, 1968; vive e traballa en París)

A exposición reúne un total de 67 obras, entre fotografías (Katia Bourdarel, Vincent Labaume), vídeos (Virginie Barré, Katia Bourdarel, Brice Dellsperger, Laurent Grasso, Clarisse Hahn, Martin Le Chevallier, Valérie Mréjen), instalacións (Virginie Barré, Alain Declercq, Julien Discrit, Philippe Meste, Bruno Peinado), videoinstalacións (Élodie Huet), esculturas (Virginie Barré, Vincent Labaume, Corinne Marchetti), pinturas (Patrick Jeannes), debuxos (Élodie Huet, Virginie Barré) e maquetas (Katia Bourdarel).

SOBRE A COMISARIA

Hilde Teerlinck é directora do FRAC Nord Pas de Calais/Dunkerque dende setembro de 2006, cargo que asumiu despois de dirixir, entre 2002 e 2006, o CRAC Alsace (Altkirch). Entre 1999 e 2002 combinou o seu traballo como docente na Escola Superior de Arte de Perpiñán co seu labor como crítica de arte e colaboradora en diversas publicacións como Parkett, Kunstforum, Kunst nu, Artefactum, Transversal, Quaderns, e Ars Mediterranea, e como comisaria do Espace d’Art Contemporain - Halle au Poisson en Perpiñán. Anteriormente fora directora artística e coordinadora do Pavillón Mies van der Rohe de Barcelona (1993-2000).

CATÃLOGO
Con ocasión desta mostra, CRAC Alsace, La Centrale Électrique e MARCO de Vigo coeditaron un catálogo en cinco idiomas (francés, inglés, español, alemán e holandés), con textos da comisaria Hilde Teerlinck, de varios dos artistas participantes e dotros autores, acompañados de imaxes e fichas das obras en exposición.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

TALLER DE ARTISTA
ARIK LEVY. ‘O outro’
Organizan: Fundación María Martínez Otero e MARCO de Vigo, en colaboración coas empresas Martínez Otero e SUTEGA
Dende o seu estudio Ldesign en París, xunto co seu socio Pippo Lionni e o seu equipo de deseñadores, Arik Levy (Tel-Aviv, 1963) leva a cabo proyectos de deseño industrial, interiorismo e deseño gráfico para o mercado europeo e internacional.

TALLER Arik Levy. “O outro”
• Datas: luns 4, martes 5 e mércores 6 de xuño
• Lugar: sala perimetral B1 (1º andar)
• Horario: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00
• Previa inscrición e matrícula

O taller compleméntase cunha conferencia aberta ao público, o martes 5 de xuño:

CONFERENCIA Arik Levy. “Home Sweet Home”
• Data: martes 5 de xuño
• Lugar: salón de actos
• Horario: ás 20.00
• Entrada libre e gratuíta ata completar aforo

CICLOS DE CINE FRANCÉS
Isabelle Huppert (xuño 2007) + Au sud du cinema (setembro 2007)

Organizan: Cineclube Lumière, en colaboración co MARCO de Vigo, Alianza Francesa e Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia
Colaboran: Federación de Galicia de Cineclubes; Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo
Lugar: Auditorio do Concello, Praza do Rei s/n
Horario: ás 20.30 (consultar programas)

Isabelle Huppert (do 4 ao 25 de xuño)
luns 4 junio / La Dentellière [A encaixeira], de Claude Goretta, 1977
martes 5 junio / Sauve qui peut (la vie) [Sálvese quen poida (a vida)], de Jean-Luc Godard, 1980
mércores 6 junio / Loulou, de Maurice Pialat, 1980
luns 11 junio / Coup de foudre [Entre nós], de Diane Kurys, 1983
martes 12 junio / Madame Bovary, de Claude Chabrol, 1991
mércores 13 junio / La Séparation [A separación], de Christian Vincent, 1994
xoves 14 junio (dobre sesión ás 18.30 e ás 20.30) / La Cérémonie [A ceremonia], de Claude Chabrol, 1995 e La Pianiste [A pianista], de Michael Haneke, 2001
luns 18 junio / Saint-Cyr, de Patricia Mazuy, 2000
luns 25 junio / La Vie promise [A vida prometida], de Olivier Dahan, 2002

+ Au sud du cinema (do 3 ao 25 de setembro)
luns 3 septiembre / Hyènes [Hienas], de Djibril Diop Mambéty 1992
luns 10 septiembre / Les gens de la rizière [A xente do arrozal], de Rithy Panh, 1994
luns 17 septiembre / Luna Papa, de Bakhtyar Khudojnazarov, 2000
luns 24 septiembre / Platform, de Jia Zhangke, 2001
martes 25 septiembre / Lettre d'amour Zoulou [Carta de amor zulú], de Ramadan Suleman, 2006

OBRADOIROS INFANTÃS DE VERÃN
Novos Horizontes. ‘UNHA VOLTA à GALIA’
Do 3 de xullo ao 8 de septiembre

• Martes a sábados, de 12.00 a 14.00
• Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)

VISITAS GUIADAS à EXPOSICIÓN
• Todos os días ás 18.00
• Visitas “á carta” para grupos e asociacións, previa cita no tel. 986 113900/11


SÃNTESE DO PROXECTO EXPOSITIVO

NOVOS HORIZONTES reúne a un grupo de creadores que nos últimos anos comezaron a despuntar na escena artística internacional. A exposición, que viaxa a Vigo tras a súa presentación no CRAC Alsace e La Centrale Électrique de Bruxelas, articúlase ao redor de diferentes temas que se entrecruzan e que deixan intuír un fío condutor, unha común preocupación dos artistas cara ao seu contexto social e político. Nados todos eles en Francia, forman parte dunha xeración que ven desenvolvendo a súa actividade artística durante o últimos vinte anos, e abordan temas moi latentes no panorama social, político e cultural da Francia actual.

A selección da comisaria agrupa, de modo intencionado, a unha grande maioría de artistas que son pouco coñecidos fóra das fronteiras do seu país, xunto a outros con máis presenza e traxectoria no contexto internacional, co fin de ofrecer ao público un panorama o máis completo posible da escena artística actual en Francia.

Na distribución e a montaxe das obras nas salas do MARCO intentouse, por unha parte, evidenciar as diferenzas, reforzando o carácter individual de cada peza, e ao mesmo tempo subliñar certos vínculos e agrupamentos entre as obras, sexa en relación cos seus contidos ou nos temas que abordan, os medios e soportes utilizados, e a súa relación e comunicación co espectador.

Dentro desta diversidade, a análisie de contidos permite unha clasificación en varios eixos temáticos, que á súa vez se entrecruzan segundo as intencións de cada artista e a súa presenza en salas: as obras que teñen á relixión como tema central —os retratos dunha comunidade de Clarisse Hahn e o problema da identidade nos vídeos de Valérie Mréjen— combínanse coa análise do contexto sociopolítico —as críticas e crónicas modernas do mundo capitalista en Bruno Serralongue e Vincent Labaume; as tramas terroristas e a paranoia colectiva en Alain Declerq— e coas particulares interpretacións da sexualidade e a violencia na instalación de Philippe Meste ou na ambigüidade transgresora de Brice Dellsperger.

A relación co mundo da infancia, do cine e do cómic de Corinne Marchetti, Katia Bourdarel, Amandine Sacquin, ou Virginie Barré, contrasta coa aguda e irónica visión da sociedade actual nas obras de Bruno Peinado, Patrick Jeannes, e nas fotografías de Fabien Rigobert. A reflexión sobre a imaxe en movemento e a súa interacción co público, sexa a través da televisión, o vídeo ou as novas tecnoloxías, está ben representada na instalación visual e sonora de Julien Discrit no panóptico central, o eclipse virtual de Laurent Grasso, o vídeo interactivo de Martín Le Chevallier, ou a videoinstalación de Élodie Huet, que esixe a participación de dous visitantes para ser entendida por completo. Todas estas obras fálannos da relación espazo-tempo, e a súa capacidade de comunicación co espectador.

Como arranque e final da exposición, e como imaxe do catálogo desta mostra colectiva, unha fotografía da gran praia atlántica de La Baule, obra de Frank Perrin, recibe e despide aos visitantes dende a fachada do museo.

TEXTO DA COMISARIA

“O título da exposición NOVOS HORIZONTES ten que ver co desexo de ofrecer ao público distintas perspectivas da creación francesa contemporánea. Os artistas seleccionados pertencen a distintas xeracións e, se ben algúns comparten un interese por temas similares, cada quen os desenvolve de xeito persoal.

Todos eles son produto dunha xeración dominada pola influenza das novas tecnoloxías. Os vídeos e instalacións interactivas de Fabien Rigobert, Julien Discrit, Laurent Grasso e Martin Le Chevallier embarcan ao espectador en viaxes por mundos virtuais, nos que a ciencia se atopa coa ficción e fúndense nunha terceira dimensión.

As obras de Katia Bourdarel, Amandine Sacquin, Virginie Barré e Corinne Marchetti transpórtannos a un peculiar ‘país das marabillas’, unha reconstrución surrealista de soños e imaxinería adolescente mesturados con referencias á banda deseñada e á arte pop. Outras artistas como Clarisse Hahn e Valérie Mréjen fan uso dun enfoque case documental para tratar temas delicados como a fe e a relixión; Bruno Serralongue baséase en estratexias similares ás do fotoxornalismo, e Elodie Huet utiliza o vídeo como ferramenta para unha aguda análise da nosa existencia cotiá.

Sexo e violencia son temas omnipresentes na sociedade, na vida real, pero tamén na gran pantalla. Alain Declercq, Brice Dellsperger e Phillipe Meste descúbrennos ata que punto estes aspectos son tratados de forma superficial e banal nos medios de comunicación. Os enfoques polifacéticos e sumamente personais de Bruno Peinado, Vincent Labaume e Patrick Jeannes resístense a calquera tipo de clasificación. E por último, Frank Perrin, creador da imaxe para a portada do catálogo, preséntanos unha especie de metáfora do home moderno, conectado co mundo a través do seu MP3, ou só e perdido en medio da grande cidade.

Sexa cal sexa o interese e xeito de expresión de cada un destes creadores, a intención deste proxecto é ofrecer ao público internacional a oportunidade de descubrir a “forza secreta” da arte contemporánea francesa, e levar a artistas menos coñecidos cara a novos horizontes.

Museo de Arte Contemporáneo (Marco), 2007-06-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (jose-precedo.jpg) O xornalista galego de elDiario.es José Precedo, que defendeu o dereito ao segredo xornalístico ante o Tribunal Supremo, é o gañador do XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. Precedo recibirá o premio en Pontevedra o vindeiro 9 de maio na Casa Consistorial. A sala de prensa do Concello de Pontevedra acolleu o anuncio da candidatura gañadora da vixésimo primeira edición do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. O acto contou coa presenza do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a decana do Colexio Belén Leal e o secretario do premio Darío Janeiro.
Foto de la tercera plana (cdc-ean.jpg) Esta edición do Encontro de Artes Novas contará coa participación de talentos recoñecidos como a escritora, comisaria e podcaster Sonia Fernández Pan, que realiza desde 2021 a serie de podcasts The Tale and The Tongue co Instituto de Arte, Xénero e Natureza da Escola Superior de Deseño e Arte de Basilea. Ou a dupla artística Clo-Plas, unha proposta sonora única e radical da poeta e xornalista Xiana Arias e o artista e investigador Berio Molina, que fusionan versos e electro-pop minimalista coa oralidade popular da Fonsagrada. O programa inclúe tamén cunha conversa co profesor e investigador en Filosofía da Tecnoloxía, Pablo Sanguinetti, autor do libro Tecnohumanismo. Por un diseño narrativo y estético de la inteligencia artificial e de numerosos artigos académicos e divulgativos sobre a intersección entre tecnoloxía, humanidades e creatividade.

Notas

Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña, acollerá entre os días 15 e 29 de abril o ciclo de cinema feminista “E ti que miras?”, unha proposta coordinada por Bea Saiáns que reúne unha selección de filmes realizados por mulleres e de especial relevancia no panorama audiovisual nacional e internacional. A programación foi deseñada baixo o criterio de visibilizar obras que abordan temáticas inherentes ao patriarcado, ao tempo que se pon en valor o papel das creadoras no ámbito cinematográfico.
Creatividades híbridas, entre o virtual e o matérico é o lema escollido polo Campus Crea como eixe vertebrador da semana de actividades que impulsa cada ano con motivo da conmemoración do Día Internacional da Creatividade, co propósito de servir como escaparate do proxecto de especialización do campus pontevedrés. Promovida co apoio da Deputación de Pontevedra, a programación da Semana Crea 2026 desenvolverase entre o 20 e o 24 de abril e permitirá reflexionar sobre a evolución da creatividade en diferentes eidos, nuns tempos marcados polas tecnoloxías dixitais.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES