
A continuidade da experiencia queda garantida nas próximas programacións do CGAI. Os rapaces deberán ir acompañados dun adulto. A sesión deste mes, as tres curtas iranís integradas baixo o título de Los cuentos de Mamá Gallina, elaboradas entre 1992 e 2001, recoméndase para nenos a partir de 3 anos, aos que se lles entregará unha ficha didáctica. A posibilidade de aproximación e coñecemento doutras culturas e das súas formas de expresión e narración ofrécese como un dos obxectivos derivados desta iniciativa. As curtas ademais están producidas por Kanoon, Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos e Adolescentes, organismo estatal de corte didáctico e cultural en
Irán. A entrada é gratuíta.
Nun mundo protagonizado polas imaxes, coas súas representacións e metáforas tan influentes nos nosos hábitos, é necesario un programa de educación á imaxe. A xente nova ten unha relación con universos de ficción variados e á carta (videoxogos, Playstation e un sen fin doutros sucedáneos
), así como con masivas doses de programas televisivos, sen por iso posuír as claves que lles permitan ler e/ou interpretar as mensaxes transmitidas por medio destas imaxes.
A través desta programación mensual intentaremos ofrecer títulos
variados que acheguen os rapaces a universos novos e enriquecedores, recorrendo a distintas áreas da historia do cine, procurar un abano suficientemente amplo como para estimular unha continuación máis didáctica no ámbito familiar. O descubrimento do cine en todos os seus compoñentes: curtas e longametraxes, filmes contemporáneos, cine mudo, cine de animación, documental, ficción.
A través de películas divertidas, serias ou emocionantes os rapaces descobren os momentos fortes da nosa historia, inícianse na lectura das imaxes, viaxan por outros horizontes, divírtense
E aman o cine!
Roberto Carlotti e Julie Dragon.
LILI HOSAK
(Irán, 1992)
Dirección e guión: Vajiollah Fard-e-Moghadam.
Fotografía: Farkhondeh Torabi.
Produción: Kanoon, Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos e Adolescentes.
Duración: 16 minutos.
Unha galiña cae no interior dunha poza. O galo e outra galiña
intentan salvala e solicitan a axuda doutros animais, pero todos
viven enfrascados nos seus propios problemas. Parece que finalmente chega unha esperanza de rescate.
EL PEZ ARCO IRIS / MAHI-E RANGUIN-KAMAN
(Irán, 1998)
Dirección, guión e fotografía: Farkhondeh Torabi, sobre unha obra de Markus Pfister.
Produción: Kanoon, Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos e Adolescentes de Irán.
Duración: 13 minutos.
Un fermoso peixe arco iris, froito do seu orgullo, anda sempre só, o que o converte en presa fácil para peixes inimigos. Non obstante, cando chegue o perigo os outros peixes intentarán axudarlle.
SHANGOUL Y MANGOUL
(Irán, 2001)
Dirección: Farkhondeh Torabi e Morteza Ahadi Sarkani.
Guión: Farkhondeh Torabi.
Fotografía: Morteza Ahadi Sarkani.
Produción: Kanoon, Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos e Adolescentes de Irán.
Duración: 17 minutos.
A nai cabra sae e un lobo entra na casa para devorar os cabritiños. O pequeno da familia vai ser o salvador.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.