Notas de prensa

Amigos da Terra clausura a V Campaña A Aposta

Centros escolares de primaria e secundaria aforraron máis de 15.000 kg. de CO2 en catro meses nesta campaña destinada á sensibilización sobre a necesidade de frear o cambio climático.

“A Aposta” pretende informar e concienciar aos mozos e mozas sobre un dos problemas ambientais máis importantes que sofre o noso planeta, o Cambio Climático. Esta campaña, que comezou en Alemaña no ano 1998, os mozos e mozas apostan que son capaces de reducir as súas emisións de CO2 no periodo de febreiro a maio do 2007.

En Galicia vense facendo desde o 2002, pero por vez primeira a
administración galega exerce o papel de contraparte da “A Aposta”. “Este ano a Consellería de Medio Ambiente premia cun día de lecer e contacto coas enerxías renovables no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas e cun xogo de comercio xusto a todos os participantes. Aqueles colexios que acadaron o seu compromiso de redución do 8%, a Consellería ten gardado un premio especial para compensar os seu esforzos”, declara Cristina Gómez,
responsable da Campaña.

Desde o día 4 Xuño e continuando na semana do día do Medio Ambiente ata o día 11 de Xuño, os colexios participantes poden experimentar de primeira man o funcionamento das enerxías renovables e disfrutarán de xogos e dinámicas ambientais. O día 4, son os representantes da Consellería os que dan o premio aos gañadores da A Aposta.

Unha vez máis a xuventude demostrou ás autoridades que en efecto é posible reducir a emisión de CO2 sen facer grandes inversións, pero con medidas cotiás e de sentido común. Un importante aforro e sobre todo unha importante laboura de concienciación, xa que agora son conscientes das fugas de enerxías do centro e por onde poden actuar para mitigar o cambio climático.

Amigos da Terra Galicia, 2007-06-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES