
Ao acto asistiron os novos artistas, alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual de Cuarto da ESO, xunto con Nestor Rego, concelleiro delegado de Cultura en funcións do Concello de Santiago, José Manuel García Iglesias, director de Acción Social de Caixa Galicia, Maribel Martín, xefe de estudios do IES Rosalía de Castro, e Soledad Pite, profesora de Pintura do centro.
Ata o día 18 de xuño, e baixo o título Escolma ilustrada, esta exposición xorde na aula de Debuxo do IES Rosalía de Castro, como achegamento dos alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual de Cuarto da ESO, á súa palabra poética.
Ao noso entender, a obra poética de María Mariño, Palabra no Tempo (1963) e Verba que comeza (edición póstuma, 1990) son obras aínda case por descubrir, polo que a súa ilustración con gravados orixinais a punta seca e técnicas aditivas, pode moi ben ser unha fermosa canle para achegar a súa palabra aos lectores máis novos, sinala a profesora Soledad Pite.
No limiar da exposición, a profesora do histórico centro compostelán puntualiza: Ler e reler. Meditar e dialogar. Bosquexar e investigar. Bosquexar e decidir. Gravar atentamente as pranchas para obter unha matriz e por fin iniciar o laborioso proceso de estampar: Desde cortar o papel ata controlar a súa humidade. Desde preparar as tintas, ata entintar a prancha. Desde a tiraxe manual no tórculo ata a recollida da aula.
E continúa: Este proxecto singular é o froito dun longo proceso creativo, no que o traballo individual conviviu co esforzo colectivo, para facer posible que e a fina laboura manual, froito non do accidente senón dun elaborado proceso de pensamento, obtivese os resultados dunha obra gráfica de calidade, digna de ser firmada e numerada por cada mozo ilustrador. Xa que logo, poderíamos dicir que esta Escolma Ilustrada, é un traballo coral, no que a fondura da palabra madura de María Mariño se engalana coa ledicia da mocidade dos nosos escolares.
Desde que as técnicas de gravado se perfeccionaron cara a 1460 polo ourive florentino Maso Finiguerra, os artistas de cada época deixáronnos fermosas obras nas máis diversas modalidades, unhas veces como obra independente e outras coma tradución a imaxes ou acompañamento dun texto literario.
É nesta tradición do Libro Ilustrado, no que se sitúa o proxecto do IES Rosalía de Castro, froito dun fecundo diálogo entre as hipérboles e as liñas, ou tal vez dun ilusionado encontro entre as cores e os hiperbatóns.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.