
O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco Álvarez, e o Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Aelg), Cesáreo Sánchez Iglesias, veñen de asinar a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, cuxa responsábel, Mª Elena Veiguela Martínez, tamén estivo presente no acto de sinatura, un Convenio de Colaboración que mostra o compromiso de ambas institucións coa Sociedade da Información a través do uso das novas tecnoloxías, creando novos contidos e novos servizos web dirixidos aos socios e socias que constitúen a asociación, e con carácter xeral, á totalidade da cidadanía galega e dos visitantes de fóra das nosas fronteiras, co obxecto de dar a coñecer o sistema literario galego. Así mesmo, con esta sinatura, a Consellería de Innovación e Industria e a AELG segue apostando pola conservación, promoción e difusión da lingua e a cultura galegas a través das novas ferramentas da información.
A sinatura tivo lugar o día 16 de maio de 2007, véspera da celebración do Día das Letras Galegas e mais do Día de Internet así como do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
Este convenio permitirá ampliar os contidos do portal da Aelg (www.aelg.org) e así poñer a disposición do usuario un proxecto de creación da editorial dixital AELG editora, que suporá o deseño e implementación dunha aplicación web que permita a recepción dixital de borradores e a súa valoración colectiva para decidir a súa publicación; a publicación na rede das obras escollidas de forma que resulte cómoda para o lector/a; o deseño e uso de aplicacións de valor engadido que permitan que o público tire partido das obras publicadas (ferramentas para enviar ás amizades a recomendación dunha obra, foros de debate e valoración das obras publicadas, ferramentas de procura de obras polo nome do seu autor/a, polo titulo, xénero e palabras clave, mais tamén por calquera palabra do texto ou do título).
Ao abeiro deste convenio tamén se fará realidade o proxecto de ampliación do Espazo Didáctico xa existente na web da AELG, coa elaboración de 60 unidades didácticas sobre diversos aspectos do sistema literario galego dirixidas ás diferentes etapas do ensino e que se poñerán ao servizo da comunidade educativa.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.