Notas de prensa

O SLG e a Consellería de Medio Rural debaten sobre o sector vitivinícola

O sindicato presenta a problemática comercial do sector do viño diante do conselleiro Suárez Canal.

O Conselleiro, Alfredo Suárez Canal, recibiu ao responsábel da Dirección Nacional do Viño, Manuel Docampo, e a Xosé Manuel González Vilas.

O Sindicato Labrego Galego e a Consellaría de Medio Rural tiveron o 25 de maio un encontro de traballo para falar do sector vitivinícola. Por parte do SLG asistiron o responsábel da Dirección Nacional do Viño e viticultor en Valedorras, Manuel Docampo; e o secretario dos sectores agrarios, Xosé Manuel González Vilas. En canto a Medio Rural, estiveron o xefe de gabinete, Xosé Manuel Puga, e o propio Conselleiro, Alfredo Suárez Canal.

O meirande do encontro estivo centrado en tratar a problemática dos mercados vinícolas e das dificultades que teñen as adegas, sobre todo as pequenas e medianas, de ter unha presenza comercial
suficiente para facer rendíbel a súa actividade. De feito, este é un dos maiores problemas dos nosos viños, con moi escasa presenza nas tendas e nas grandes superficies comerciais do noso país, sempre mal situados nos andeis e cunha mediocre presentación diante dos consumidores e consumidoras.

Ademais, tamén se tocaron aspectos relacionados co anterior como a necesidade de potenciar a promoción dos viños a través de feiras profesionais, e traballar para que os viños galegos teñan unha especial relevancia por riba dos de outras comunidades.
Este encontro formou parte dunha axenda do traballo que está a desenvolver o Sindicato Labrego co obxectivo de promover as nosas denominacións de orixe.

Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego, 2007-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES