Inaugurouse na Sala Almirante do Hotel Méndez Núñez de Lugo a
exposición da artista uruguaia Corina Epis, que presenta as súas obras co título Libertad y Alegría.
A mostra está aberta ata o tres de xuño en horario de 12 a 14 h
e de 19 a 22.
Corina Epis naceu en Montevideo en 1940. Ten estudiado debuxo
publicitario en Utu e no Ateneo de Montevideo, pintura co mestre José Arditti e acuarela con Dardo Ingold, estando na actualidade participando no taller El Molino baixo a dirección de Miryan Núñez.
No seu país ten efectuado diversas exposicións individuais e colectivas, obtido premios como o do salón Casmu de Montevideo, e as súas obras figuran en coleccións privadas en Arxentina, Italia, EEUU e España.
En Lugo é xa a súa terceira exposición, tendo amosado as súas obras con anterioridade na Galería Sargadelos e na sala da Xunta de Galicia.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.