O Consello do Goberno galego autorizou a sinatura dun convenio de colaboración entre a ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto Andaluz de Investigación e Formación Agraria, Pesqueira, Alimentaria e de Produción Ecolóxica (IFAPA) para a
realización do proxecto de investigación “A Perkinsose no litoral español: caracterización das variantes taxonómicas do parásito, do seu ciclo de vida e da resposta inmunitaria do hospedador” liderado polo Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). A través deste documento, a ConsellerÃa de Pesca pretende regular a colaboración entre as distintas institucións, que forman o equipo de investigación, para o
desenvolvemento deste ambicioso estudo.
Investigadores do CIMA, da USC e o IFAPA elaboraron conxuntamente este proxecto, que foi presentado polo Centro de Investigacións Mariñas na convocatoria de axudas a proxectos de investigación no marco do Plan Nacional de I+D+I 2004-2007 do Ministerio de Educación y Ciencia (MEC). A iniciativa foi aprobada e adxudicada a esta entidade solicitante coa concesión dun total de 157.300 euros para a súa realización. Deste xeito, a sinatura deste convenio que autorizou o Consello da Xunta, servirá para establecer as reglas de execución entre os equipos participantes das diferentes institucións, asà como a distribución e a financiación entre
elas.
O estudo “A Perkinsose no litoral español: caracterización das variantes taxonómicas do parásito, do seu ciclo de vida e da resposta inmunitaria do hospedador” ten por obxectivo determinar se existen no litoral español outras especies non recoñecidas e linaxes xenéticas diferentes dentro das especies con diferencias na patoxenicidade, que requirirÃan un grao de
vixilancia e control diferente. Asà mesmo, pretende esclarecer as vÃas de transmisión da enfermidade no medio natural, algo importante de cara a implementar estratexias de loita, e, tamén, identificar e caracterizar xenes que se expresan e proteÃnas cuxa sÃntese se induce na resposta inmune da ameixa fronte á perkinsose.
A perkinsose é unha enfermidade xerada polos parásitos do xénero Perkinsus que están presentes nos cinco continentes e que, en moitos casos, provocan unha alta mortalidade dos moluscos. A trascendencia económica que supón a presenza desta enfermidade fixo necesaria a toma de medidas a nivel internacional para impedir a súa expansión e mitigar os seus efectos, de ahà o impulso e o interese dos investigadores do CIMA, a USC e o IFAPA na posta en marcha deste estudo. De feito, no litoral español xa se teñen identificado dúas especies deste parásito que afectan a varias especies de moluscos con interese comercial. En Galicia, en concreto, esta patoloxÃa pode afectar á ameixa que se produce nas nosas costas, incidindo negativamente no seu crecemento e capacidade
reprodutiva, asà como repercutindo na súa taxa de mortalidade.
Encontro internacional en Galicia para analizar esta enfermidade
O equipo de investigación do CIMA encargado do estudo da perkinsose no litoral español, tamén coordina a realización do “Taller Internacional para a Análise do Impacto da Perkinsose sobre o Sector do Marisqueo en Europa” que se celebrará entre os dÃas 12 e 14 do mes de setembro na sede do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) en Vigo. Trátase dunha reunión de expertos de catro continentes, entre os que se atopan produtores, investigadores e representantes da administración, na que se
abordará a ameaza que supón a perkinsose para o sector marisqueiro de Europa.
Este encontro, financiado pola Comisión Europea, será unha boa oportunidade para debater sobre diferentes aspectos desta enfermidade e poder reunir toda a información actualizada posible sobre a mesma: prioridades de investigación e recomendacións para o sector e as
autoridades responsables de saúde animal. Todo este material será recollido nunha publicación co obxectivo de garantir unha ampla difusión do seu contido.
Os prazos de inscripción e a proposta de ponencias para o Taller xa están abertos. A asistencia a estas xornadas será de balde e todos os interesados poderán consultar as instrucións de participación en http://www.cetmar.org/woper.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.