Notas de prensa

Aberto o prazo de inscrición no curso: Contidos interactivos para DVD-MHP

Impártese desde o CMG a través de videoconferencia entre o 30 de maio e o 26 de xuño.

A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual ten aberto o prazo de inscrición para participar no curso de “CONTIDOS INTERACTIVOS PARA DVD:MHP”. Este curso impartirase, a través de videoconferencia, desde a sé do Centro Multimedia de Galicia, en Santiago de Compostela, á Rede de Aulas distribuidas por toda Galicia.

Este curso, de carácter gratuito comeza o 30 de maio, rematando o 26 de xuño, en horario de 10:00 a 13:30 horas, cunha duración total de 42 horas lectivas realizarase a través de videoconferencia no novo telecentro sito no concello de Vimianzo ( r/ Evaristo Mateo, Vimianzo)

A través do curso de “CONTIDOS INTERACTIVOS PARA DVD:MHP ” os/as alumnos/as iniciaranse nas tecnoloxías asociadas á nova televisión dixital interactiva baseada no estándar MHP. Ó rematar o curso, o/a alumno/a estará capacitado para desenvolver aplicacións telemáticas para este novo medio.

Os interesados en participar neste curso poden inscribirse a través da web do Centro Multimedia de Galicia (www.cmg.xunta.es) ou chamando ao número de teléfono 981 54 50 62. As prazas son limitadas.

Gabinete de Comunicación Azetanet.com, 2007-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES