Notas de prensa

Presentouse o III Premio de Xornalismo Deportivo

Están organizados pola Federación Galega de Prensa Deportiva que crea o Premio Enrique Mariñas e abre a posibilidade entregar os traballos a traves de internet.

Tivo lugar nas instalaciones de El Corte Ingles de Santiago, a
presentación da III edición dos Premios Galicia de Xornalismo
Deportivo que organiza a Federación Galega da Prensa Deportivo, baixo o patrocinio da Vicepresidentecia da Xunta de Galicia e a firma El Corte Ingles é a colaboración do Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Fundación Deporte Galego, Secretaría Xeral de Política Linguistica e a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

O acto estivo presidido por Juan Guillin Varela, presidente da
Federación Galega da Prensa Deportiva; Jose Manuel Blanco, Relacións Externas do Corte Ingles é Manuel Portas, concelleiro de Deportes de Santiago. Todos eles destacaron a relevancia que ano a ano istes premios, van tendo dentro da profesión xornalística galega.

Ase mesmo se destacou as novidades desta edición. A creación do Premio Enrique Mariñas a contribución nacional e internacional da profesión xornalística deportiva é noutro senso destacar a posibilidade que os participantes terán para entregar os seus traballos a traves de internet (fgpd@prensadeportivagalega.com).

BASES DOS PREMIOS GALICIA DE XORNALISMO DEPORTIVO 2007

A Federación Galega da Prensa Deportiva de conformidade cos seus fins estatutarios, promove actividades encamiñadas á defensa da profesión xornalística en Galicia.

Con tal proposito, convoca para o ano 2007 os Premios Galicia de Xornalísmo Deportivo de acordo coas seguintes bases:

1º A F.G.P.D. convoca os Premios Galicia de Xornalísmo Deportivo nas modalidades: escrita, radiofónica, audiovisual, fotográfica, internet e a igualdade, co fin de promover e constatar a excelencia técnica, contribuir a difusión dos valores deportivos e potenciar á relación de traballos xornalísticos sobre o deporte galego. Outorgaranse ase mesmo 4 premios con “distinción honorífica” á trayectoria máis sobranceira no xornalísmo deportivo galego. Correspondendo un deles a cada unha das Asociacións Provinciais. Ademais, e na sua primeira edición, convocase o Premio con “distinción honorífica” “Enrique Mariñas” concerniente a la contribución o xornalísmo deportivo a nivel internacional.
2º Para optar aos Premios, poderán presentarse todalas persoas, autores orixinais, e empresas propietarias dos seus dereitos que envíen os traballos xornalísticos que foran editados entre o 1 de xullo do 2006 e o 30 de xuño do 2007, en calquera medio de comunicación de Galicia ou fora dela. Os traballos enviaranse ó Secretario Xeral da Federación antes do 10 de setembro. En soporte papel, CD ou DVD, dependendo do medio no que fora realizado, á sede social da Federación Galega da Prensa Deportiva na Rúa do Horreo 94 1ºB, 15702 Santiago de Compostela. Tamén poderán enviarse en soporte dixital a fgpd@prensadeportivagalega.es., non excedendo de 1MB.
3º O xurado para os premios Galicia de Xornalísmo Deportivo estará composto por personalidades xornalísticas, do mundo empresarial e do deporte, os cales faránse públicos no momento da concesión do Premio. Terá capacidade para resolver cantas cuestións mereceran consideración para a interpretación destas bases. A súa decisión será inapelable. O voto do Presidente será decisorio en caso de empate.
4º Debido a que os premios non poderán declararse desertos e unha vez pechado o prazo de recepción dos traballos, o xurado poderá (co consentimento previo dos autores), propoñer traballos en calquera das modalidades dos premios establecidos que, ainda sen ser presentados, reunan, ó seu xuízo, méritos suficientes para optar aos referidos premios.
5º A Xunta Directiva da F.G.P.D. será a responsable de designar o premiado coa Distinción “Enrique Mariñas”, baseandose en criterios dunha contribución universal do xornalísmo deportivo. A se mesmo a Xunta Directiva de cada Asociación Provincial será a responsable de designar o premiado coa “Distinción Honorífica” correspondente o seu ámbito territorial. Tendo en conta criterios da mellor trayectoria informativa deportiva, individual ou colectiva, realizada en calquera medio de comunicación.
6º Os gañadores en cada categoría obterán os seguintes premios:
- Trofeo da F.G.P.D., Diploma acreditativo e 600 €
Os gañadores dos premios “honoríficos” recibiran
- Trofeo da F.G.P.D. e Diploma acreditativo
7º O xurado reunirase para deliberar antes do 15 de outubro do 2007 e valorará con plena libertade os traballos que desenvolvan técnica profesional e que se distingan pola súa calidade. Orixinalidade e oportunidade en relación cos valores aludidos nas propias bases. No apartado o premio a Igualdade, o xurado terá en conta as aportacións da muller a profesión xornalística deportiva en Galicia, así como recoñecela trayectoria e o esforzo de persoas é entidades a favor da igualdade de oportunidades na profesión. A sua decisión farase pública nun comunicado canalizado a traves dos principias medios de información de Galicia. Con posterioridade realizarase a entrega dos premios nun acto coa mayor solemnidade.
8º A presentación a estes premios supón a aceptación integra das suas bases e a autorización á F.G.P.D. para a reproducción e difusión dos traballos presentados, dentro do ámbito de publicidade do propio premio. Non se asumirán os custos de envio ou devolución dos artigos presentados é das posibles pérdas,deterioro ou calquera outra circunstancia imputable ós medios de transporte.
9º Os datos dos participantes serán tratados conforme a L.O. 15/1999.

Ricardo Docobo (secretario da Federación Galega de Prensa Deportiva), 2007-05-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (20250521-xunta.jpg) Este novo centro, que conta cun orzamento inicial estimado de 2,07 millóns de euros, que será cofinanciado con fondos Feder, localizarase nunha parcela de preto de 24.000 m2, na zona de reestruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis. Trátase dunha situación idónea desde o punto de vista loxístico, ao contar con boas comunicacións, e xeográfico xa que está próximo a municipios con menor poboación, que, tal e como incidiu a conselleira, é onde se ten identificado unha maior necesidade deste tipo de infraestruturas. O centro en si terá unha superficie de 2.300 m2 con capacidade para 300 cans e 200 gatos e as súas instalacións incluirán, entre outras dependencias, áreas para corentena, maternidade, illamento infeccioso, hospitalización, animais agresivos ou mantemento habitual de exemplares.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a comunidade que máis reduciu en 2024 a taxa Arope, que mide o risco de pobreza e exclusión social. Actualmente, a taxa situase no 18,8%, a máis baixa da que se teñen datos e sete puntos por debaixo da media nacional. No caso concreto da pobreza infantil, os datos da estatística da Plataforma da Infancia revelan que Galicia foi en 2024 a comunidade coa menor taxa de pobreza infantil de toda España. En doce meses, a comunidade galega reduciu esta taxa en 10 puntos, ata quedar no 16%, moi por debaixo da media estatal, que se sitúa no 34,1%. Ademais, Galicia é única comunidade que ten alcanzado o obxectivo marcado polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relativos á pobreza infantil.

Notas

120 profesionais participaron este martes en Vigo no XXXI Seminario de Loxística, un encontro profesional que cada primavera reúne na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo a un destacado número de profesionais que abordan neste encontro os principais retos e oportunidades aos que se enfronta un sector marcado pola chegada das tecnoloxías disruptivas que redefinen as dinámicas tradicionais, entre elas, a IA, unha grande aliada á hora de optimizar procesos e responder ás exixencias dun mercado cada vez máis áxil e globalizado.
Era o 1 de xuño do ano 2015, Día Internacional do Leite, cando a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC inauguraba as súas novas instalacións en Lugo. Unha década despois e logo de que esta plataforma tecnolóxica chegase aos 30 anos de vida, é o momento de conmemorar este aniversario cunha xornada festiva na que se poderá visitar este centro e coñecer as persoas, tecnoloxías e equipos cos que traballan xa convertidos nun referente europeo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES