Notas de prensa

Anúnciase o comezo de Correlíngua 2003

Hoxe apresentouse o Correlíngua 2003 nun acto no cal estiveron presentes Xoán Costa (Presidente da AS-PG), Anxo Louzao (Secretário Nacional da CIG-Ensino), Manuel Portas (Concelleiro de Normalización de Santiago de Compostela) e Carlos Manuel Callón (Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística). O Correlíngua 2003 é a continuación das carreiras lúdico-reivindicativas en defensa da língua que se celebran en Galicia desde a década de 80 e que no ano 2001 colleron unha nova dimensión organizativa e difusión nacional. Correlíngua 2003 está organizado pola Asociación Sócio Pedagóxico-Galega (AS-PG), a CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Santiago, Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. Participan tamén moi activamente na organización as coordenadoras comarcais das equipas de normalización lingüística ali onde está constituídas.

Este ano, o Correlíngua terá o seguinte itinerário: Ferrol (luns 5 de Maio), A Mariña (martes 6), Lugo (mércores 7), A Coruña (xoves 8), Santiago (venres 9), Ourense (luns 12), Baixo Miño / O Condado (martes 13), Vigo (mércores 14), O Salnés (xoves 15) e Pontevedra (venres 16).
Como indicou Xoán Costa (presidente da AS-PG), Correlíngua é a denominación que adoptaron de maneira comun as diversas carreiras en favor do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do direito a crecer en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegas e galegos através do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Pola sua parte, Anxo Louzao (Secretário Nacional da CIG-Ensino) recordou que os obxectivos do Correlíngua son propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar accións en prol dela. Sensibilizar a sociedade, através da povoación xuvenil, da importáncia da defensa da língua. Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinárias.
O Presidente da Mesa, Carlos Callón, dixo que os mozos e as mozas da Galiza somos conscientes de que o galego é o idioma que nos representa e de que só en galego estamos no mundo exercendo de galegos e galegas. O Correlíngua é a grande festa da língua e, por iso, tamén é a festa da mocidade. A nosa festa.
Concluiu a apresentación do Correlíngua 2003 o Concelleiro de Normalización Lingüística de Santiago de Compostela, Manuel Portas, quen recordou o papel chave que teñen as institucións para facer avanzar o proceso de normalización lingüística e apresentou o material editado para a convocatória deste ano, coa novidade dun CD-Rom con diversos conteúdos sobre dinamización lingüística e información cultural variada, con propostas de actividades para primária e secundaria.

Mesa pola Normalización Lingüística, 2003-04-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (112-4.jpeg) O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: días máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. Aínda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo período.
Foto de la tercera plana (incendios-camions.jpeg) O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no período anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da Consellería do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.

Notas

A revista científica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (USC), abre unha nova vía na procura de física máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
Aínda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES