O titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, presidiu a presentación da Cidade do Mar de Vigo, un proxecto que, ao seu xuÃzo, vai situar a cidade olÃvica “no lugar que merece: o liderado europeo do mar”. Trátase dun proxecto que conta cun investimento “sen precedentes”, que acada case os 100 millóns de euros, e que vai dispor dunha superficie edificada de máis de 35.000 metros cadrados. “Estes datos por si sós –indicou Pérez Touriño a este respecto-, avalan a importancia e a dimensión de algo que hoxe está deixando de ser un soño para converterse nunha realidade en construción”.
Durante a presentación da Cidade do Mar, na que tamén participaron as conselleiras de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, e de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego, o presidente da Xunta insistiu na importante repercusión que terá esta iniciativa para a cidade, salientando que, mesmo desde a Unión Europea “se lle valora o potencial suficiente para converter Vigo en referencia internacional na investigación mariña e oceanográfica”.
Importancia da I+D mariña
Nesta liña, o máximo mandatario galego incidiu nas oportunidades que se foron forxando en Galicia arredor do mundo do mar, tamén no campo cientÃfico, onde, lembrou, “fomos capaces de forxar unha potente actividade cientÃfica, cun importante volume de investigadores e con recursos cientÃficos altamente competitivos”.
“Galicia importa no panorama internacional da I+D mariña”, remarcou Pérez Touriño, salientando, por exemplo, que na comunidade galega hai máis de 125 grupos de investigación en ciencias mariñas que xeran, a dÃa de hoxe, a terceira parte de toda a investigación mariña e oceanográfica que se fai en España, sendo precisamente Vigo “a capital de todo este armazón cientÃfico e tecnolóxico ligado ao mar”.
De aà que, en palabras de Touriño, o proxecto da Cidade do Mar constitúa unha importante plataforma que vai fortalecer “aÃnda máis” este liderado, convertendo Vigo nunha das referencias mundiais en investigación mariña “a través da articulación das nosas capacidades cientÃficas máis potentes e xerando novas oportunidades para o desenvolvemento social e económico”, indicou. “Este é un obxectivo cargado de ambición pero, non obstante, realista e factible”, engadiu, lembrando que Vigo é hoxe a cidade europea coa maior concentración de institucións e unidades de investigación públicas e privadas no ámbito mariño e que conta con case 1.000 investigadores na materia.
De aà que o campus cientÃfico-tecnolóxico mariño da Cidade do Mar se erixa como lugar idóneo para poñer en valor todo este capital humano e técnico, propiciando a coordinación e a colaboración institucional, creando masa crÃtica, optimizando os recursos e xerando unha capacidade de liderado baseado na excelencia cientÃfica.
“A Cidade do Mar vai erixirse como unha estrutura que propicie a colaboración entre as institucións de investigación mariña adscritas ao proxecto e que van participar na construción dun potente conglomerado cientÃfico e tecnolóxico na área metropolitana de Vigo”, insistiu o titular do Goberno galego, quen remarcou que este proxecto colectivo “que hoxe subscribimos” vai permitir atraer e incentivar á mocidade investigadora máis prometedora e aos investigadores internacionais de maior prestixio no ámbito mariño, asociándoos a todos eles a un proxecto “sen fronteira na vangarda cientÃfica e tecnolóxica”.
Momento propicio
Na súa intervención o máximo mandatario autonómico tamén se referiu a que o momento actual é propicio para o desenvolvemento da Cidade do Mar. E ao seu xuÃzo, é asà por varias razóns.
A primeira, porque o Goberno galego está a realizar unha aposta “sen precedentes”, tanto en termos de recursos como de esforzos organizativos en canto ás actividades de investigación, desenvolvemento e innovación como elemento clave para o progreso de Galicia a través da súa incorporación á economÃa do coñecemento. Por iso está a deseñar todo un novo mapa de centros e infraestruturas cientÃficas e tecnolóxicas que consoliden e potencien as capacidades de todo o sistema galego de I+D, nun marco nacional e internacional “altamente competitivo”.
Dentro deste novo mapa, a Xunta estableceu unha alianza estratéxica co Ministerio de Educación e Ciencia, o Consello Superior de Investigacións CientÃficas e as universidades de Galicia para consolidar unha rede de centros de investigación de excelencia e referencia cientÃfica e tecnolóxica, entre os que se atopan o Centro Atlántico de Investigacións Mariñas, que, segundo lembrou Touriño, “é parte fundamental dentro do proxecto de Cidade do Mar”.
Neste ámbito de colaboración institucional que certifica a importancia de Galicia no ámbito da investigación mariña tamén, está segundo lembrou Touriño, a recente aprobación da Unidade de TecnoloxÃa Oceanográfica, dentro do proxecto de Cidade do Mar, que vai servir como soporte e base operativa atlántica da flota oceanográfica española, coa vocación e a capacidade para atraer buques oceanográficos de toda Europa que operen no Atlántico.
Como segunda razón que explica que estamos ante un momento “histórico” para Vigo e para Galicia, Pérez Touriño referiuse á posibilidade de materializar fisicamente o proxecto da Cidade do Mar mediante o aproveitamento dunha gran instalación mariña, como é a antiga Escola de Transmisións da Armada. De feito, a ETEA, pola súa situación, configuración e dispoñibilidade de espazos portuarios proporciona, a xuÃzo de Touriño, “uns sólidos cementos sobre os que construÃr este proxecto” da Cidade do Mar.
Centros integrados
Por último, o presidente da Xunta lembrou que esta iniciativa vai ser realidade grazas á colaboración e a unión entre a Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación e Ciencia, o Centro Superior de Investigacións CientÃficas, as universidades galegas e o Instituto Español de OceanografÃa.
Unha colaboración que propicia que a Cidade do Mar se converta nunha realidade que integra, nun mesmo espazo, centros como o Centro Atlántico de Investigacións Mariñas; a Unidade de TecnoloxÃa Mariña; o Centro de Posgrado e Divulgación da Investigación Mariña; o Centro de Xestión de TecnoloxÃa e Innovación Empresarial; a Unidade Técnica de Innovación na Xestión de Recursos Mariños; o Centro de Estudos de SocioeconomÃa Pesqueira; e que prevé, no futuro, a incorporación doutras infraestruturas como o Laboratorio Comunitario de referencia de Biotoxinas Mariñas.
Trátase, en definitiva e en palabras do xefe do Executivo galego, dun proxecto “de calado internacional” que non ten unicamente unha dimensión cientÃfica que nos vai situar como punto de referencia na rede mundial para a investigación, senón que tamén vai supoñer a potenciación da apertura ao mar do espazo urbano de Vigo e a recuperación de lugares e dotacións de infraestruturas e servizos para o disfrute dos habitantes da cidade, concluÃu.