
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, salientou que a Lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero nace como unha lei pioneira en España e Europa pola súa visión integral, transversal e multidisciplinar do fenómeno da violencia de xénero. “Nós o que queremos con esta lei é que Galiza se dote dun instrumento para loitar contra a violencia machista, sabendo que nesta loita nunca os pasos son definitivos e nunca podemos caer na autocomplacencia”. Quintana fixo estas declaracións hoxe nunha entrevista na cadea Ser, no mesmo dÃa no que o Consello da Xunta aprobou o proxecto da lei galega contra a violencia de xénero, que agora será elevado a tramitación parlamentaria.
Anxo Quintana indicou que dende Vicepresidencia se agarda o apoio unánime no Parlamento para este texto, destacando que o proxecto aprobado hoxe polo Goberno é “froito dun longo debate e dun traballo conxunto no que participaron innumerables entidades, asociacións e persoas que levan loitando moitos anos contra a violencia machista”. Destacou asà o “modélico proceso” de elaboración desta norma, no que a Vicepresidencia quixo implicar a todas as asociacións, colectivos, entidades e institucións relacionadas dalgún xeito coa violencia de xénero en Galiza. Para isto, a SecretarÃa Xeral da Igualdade mantivo encontros con máis de sesenta colectivos durante o inicio do proceso de redacción desta lei, uns encontros que serviron para recibir suxestións, opinións e achegas dende todos os ámbitos. “Polo tanto, é un texto moi consensuado, que agora no Parlamento nos esforzaremos para que sexa tamén un texto aprobado por unanimidade. Nós non queremos que esta sexa unha lei do goberno, senón de todas as forzas polÃticas, e na súa representación, do conxunto da sociedade galega”, concluÃu o vicepresidente.
Medidas
Quintana destacou a necesidade da lei galega contra a violencia de xénero para dotar a Galiza dun instrumento lexislativo efectivo para loitar contra esta lacra social, ao tempo que engadiu que “é totalmente necesaria porque Galiza tamén ten a súa especificidade nesta cuestión e porque ademais debemos de elevar a rango de lei o que está sendo un consenso institucional dende todos os ámbitos que participan neste problema e na súa solución”. No transcurso da entrevista na Ser, Quintana lembrou que a violencia de xénero é “un problema estrutural que ten as súas raÃces na educación e na propia estrutura da sociedade, unha sociedade que é machista, e que polo tanto, todas as medidas que adoptemos sempre serán positivas, pero nunca definitivas”. Explicou asà que a loita contra os malos tratos é “unha loita a medio e a longo prazo, na que non podemos descansar nin un só dÃa”.
Entre as medidas que se recollen na Lei para a prevención e o tratametno integral da violencia de xénero, o vicepresidente salientou a importancia da posta en marcha do Centro de Recuperación Integral, que permitirá ás vÃtimas de malos tratos atención e información integral sobre os recursos ao seu alcance. Resaltou ademais a institucionalización do salario da liberdade para que non sexa unha medida conxuntural do Goberno actual, “senón que sexa obrigatorio por lei para calquera goberno que nos suceda”. Por último, Quintana destacou que a norma recolle a posibilidade do establecemento dun fondo de garantÃa para os pagos das indemnizacións marcadas en vÃa xudicial e que os maltratadores non paguen. “Son algunhas das medidas que se queren pór en marcha, pero sobre todo e ante todo, a lei plasma a necesidade dun consenso institucional e social para loitar contra esta lacra social”, asegurou o vicepresidente.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.