Notas de prensa

Touriño di que rematou a conciliación entre ser construtor e alcalde

O presidente da Xunta insta ao PPdeG a sumarse ao pacto da Cámara e advírtelle que se non o fai “terá que dar explicacións”.

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, expresou o seu compromiso e “e o da maioría progresista da Cámara galega” de garantir que “se acabou a historia de conciliar o ser construtor e o ser alcalde. “Non queremos alcaldes construtores, iso é parte da historia antiga deste país”, remarcou o xefe do Goberno galego.

Nese sentido, Touriño instou ao PPdeG a sumarse ao pacto das dúas forzas parlamentarias que sustentan o Goberno para acadar que “en ningún caso, ningún alcalde sexa promotor inmobiliario, en ningún caso e baixo ningunha circunstancia”. E advertiulle a Alberto Núñez Feijóo que quen non o faga “terá que dar explicacións”.

En resposta a unha pregunta parlamentaria, o titular da Xunta apostou hoxe por iniciar unha política de “cooperación construtiva” cos concellos “polo ben xeral de Galicia e do territorio” en materia de urbanismo. Neste sentido, incidiu na convición da Xunta de que co traballo conxunto cos concellos “seremos capaces de sentar as bases dun urbanismo sustentable, racional e de futuro”.

O presidente da Xunta fixo referencia ao desorde lexislativo e a falta de control das normas urbanísticas existentes ata o momento actual. Neste sentido, recordou a Lei 9/2002 que fixaba como limite o 1 de xaneiro de 2006 para que todos os concellos tivesen adaptado o seu planeamento á normativa. Sen embargo, incidiu, “é algo que non se fixo xa que a día de hoxe só 14 concellos cumpren o requisito”. De aí, subliñou, que o desenvolvemento urbanístico se fundamentase na maioría dos casos en figuras obsoletas cando non, fóra da legalidade vixente.

Para reverter a situación actual, tal e como explicou o presidente, a consellería de Política Territorial traballa para pór a disposición dos municipios, conscientes das súas limitacións técnicas e financeiras, todos os instrumento necesarios para poder axilizar a adaptación dos PXOMS á legalidade vixente como paso ‘sine qua non’ de cara a una correcta política do territorio.

Axuda aos concellos para a adaptación dos PXOMS

Neste sentido, o presidente galego anunciou que a Consellería destinará nos vindeiros cinco anos un total de 39 millóns de euros en concepto de subvencións aos concellos para que adapten os seus planeamentos á normativa vixente. Deste xeito, os concellos de menos de 5.000 habitantes verán financiado o seu planeamento na súa totalidade,e o resto en porcentaxes que oscilan entre o 90 e o 80 por cento. No caso das sete grandes cidades galegas, recibirán as axudas a través de convenios específicos.

Deste xeito, a totalidade dos concellos galegos terá axudas para financiar o desenvolvemento do seu planeamento. Os concellos de menos de 5.000 habitantes recibirán o 100% do custe dos desenvolvementos dun plan xeral; aqueles nos que haxa entre 5.000 e 20.000 habitantes recibirán un 90% de subvención; os de entre 20.000 e 50.000 habitantes recibirán axudas que cubrirán o 80%. Por último, os concellos de máis de 50.000 habitantes recibirán subvencións a través de convenios específicos.

No caso dos municipios que teñen anulado ou suspendido por orde xudicial o seu planeamento, o presidente galego explicou que independentemente do número de habitantes, recibirán subvencións do 100% para a ordenación dos seus PXOMS posto que se atopan nunha situación máis delicada e urxe a súa adaptación á legalidade vixente.

Pérez Touriño explicou que a Consellería da que é titular María José Caride, ten habilitado para esta ano un total de 6,3 millóns de euros destinados a habilitación dos plans urbanísticos, dos cales 3,3 se corresponden con compromisos de subvencións xa adquiridos e os outros 3 restantes se refiren á orde de axudas directos aos concellos de menos de 50.000 habitantes. Esta orde contempla subvencións para desenvolver Plans Xerais de Ordenación Municipal así como de Plans Especiais de interese público como son os dotacionais, de protección do medio rural e de rehabilitación e conservación, entre outros. Trátase dunha orde que actuaría en concorrencia non competitiva, o cal significa que se atenderán todas as solicitudes que se presenten por orde de chegada e se resolverán no prazo dun mes dende a recepción da petición.

O presidente da Xunta insistiu en que as axudas serán “limpas” xa que “cada concello pode calcular a cuantía que lle corresponde en función de parámetros obxectivos e transparentes de acordo co colexio oficial de arquitectos de Galicia”.

Documentación cartográfica homoxénea

No relativo á cartografía, Pérez Touriño avanzou que, por primeira vez, a Consellería de Política Territorial será quen contrate directamente a cartografía de cada un dos concellos que elabora o seu planeamento, polo que estes terán acceso gratuíto a unha documentación homoxénea. Esta medida supón un avance con respecto ao que se facía ata o de agora onde eran os propios municipios os que tiñan que sufragar e incorporar a documentación cartográfica aos plans xerais, solventando así “a primeira barreira que teñen a maioría dos concellos deste país para poder facer planeamentos”.

Dentro da elaboración de carácter técnico, o presidente tivo mención para o Instituto de Estudos do Territorio que empezará a funcionar no último trimestre do ano e que se encargará, entre outras funcións, de prestar asistencia e asesoramento aos concellos para a elaboración, xestión, adecuación e execución o seu planeamento.

Ademais, o máximo mandatario galego, recordou que a finais de ano se vai crear a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que ten como finalidade velar polo uso racional do solo conforme á normativa urbanística.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES