Notas de prensa

Bárbara Castro gaña o III Torneo de Golf Terra das Mariñas

O torneo celebrouse no Hércules Club de Golf (Arteixo) e complementouse cunha xornada de promoción das empresas de Turismo Activo da comarca.

O sábado 21 de abril levouse a cabo o III Torneo de golf “Terra das Mariñas” no Hércules Club de Golf (Larín-Arteixo), sendo ademais unha xornada de promoción das empresas de Turismo Activo da comarca.

A xove Bárbara Castro resultou ser a gañadora absoluta (scratch) cun total de 45 puntos. En primeira categoría resultou vencedor Orencio Reigosa, e segundo clasificado Mario Álvarez. En segunda categoría (handicaps superiores a 18,5) o primeiro clasificado foi Ramón Añón, mentres que a segunda praza obtívoa Carlos Fernández Puyol.

O premio á mellor dama foi para Auri Monteagudo.

A participación no torneo foi alta, conseguíndose a inscrición de 84 xogadores provintes de toda Galicia e de todas as idades (desde alevíns ata maiores de 80 anos). O torneo desenvolveuse na modalidade de stableford.

O torneo foi promovido pola Asociación Terra das Mariñas, que engloba aos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, e polos empresarios do sector turístico das Mariñas. Así, ademais dos trofeos aos mellores xogadores e xogadoras, repartíronse múltiples agasallos cedidos polas empresas turísticas da comarca (rutas en velero, en cabalo, excursións de montaña, menús degustación, viño da Terra de Betanzos, etc.).

Asociación Terra das Mariñas, 2007-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES