Galicia será un dos referentes destacados no sector pesqueiro internacional, da man da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, na European Seafood Exposition 2007 que se celebra
en Bruxelas (Bélxica) do 24 ao 26 de Abril de 2007. Este certame mundial xuntou, na súa última edición, a preto de 1.300 expositores de 100 países nunha superficie de exposición que ocupou máis de 20.000 metros cadrados.
Este ano a feira dispón de 33.000 m2 de exposición na que participan 1.600 empresas de 77 países. A representación galega, ademais da parte institucional, está composta por 53 coexpositores, entre os que figuran as principais asociacións do
sector e as firmas máis destacadas da extracción, cultivo, procesado e distribución de peixe acollidos por un espazo común, baixo a marca Galicia. A mostra galega desenvolverase no pavillón 7 do Brussels Exhibition Centre, dispoñendo para iso dun espazo de 898 m2, disposto en dúas illas de 6 x 32 m, dúas de 7 x 32 m e unha de 3 x 22 m. A estas dimensións engadiráselle un entresollado onde se aloxarán os espazos
destinados á representación institucional da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, dotada de despacho, área de estar e relacións públicas e salas de reunións.
Na primeira xornada o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca do departamento que dirixe Carmen Gallego, José Manuel López Rodríguez, abre o encontro Eurofish que do 24 ao 25 de Abril, congrega na feira a 170 empresas do sector pesqueiro de América Latina e a Unión Europea.
Esta iniciativa, copatrocinada entre a UE e a Xunta de Galicia, desenvolverase nun stand propio de 280 m2 no que se xestiona unha axenda de contactos comerciais de preto de 600 encontros.
A continuación, o director xeral tamén presenta un novo e actualizado directorio profesional de empresas do sector pesqueiro galego que ten como obxectivo favorecer as actividades comerciais das empresas de Galicia vencelladas ao mar. A nova base de datos conta con máis de 700 rexistros de empresas cuxos epígrafes de contacto foron completamente
actualizados para mellorar a interacción das firmas galegas nos mercados nacionais e internacionais. Finalmente, José Manuel López Rodríguez, comparte un xantar de traballo cunha delegación institucional mexicana coa que se pretende sentar as bases de futuras colaboracións entre ambas administracións.
O deseño do stand de Galicia na feira parte da aplicación dunha imaxe en ondas sobre as áreas de coexposición, cunha proposta que mantén as formas e as imaxes penduradas dunha estrutura específica de aceiro pulido, suxeita do teito do pavillón á máxima altura posible, para xerar unha solución envolvente nas cabeceiras da dobre onda que forma o dintel sinuoso das áreas de exposición.
É de destacar tamén a implantación de imaxes gráficas retroiluminadas de grande formato nos espazos de recepción, no vestíbulo principal e no restaurante. Ademais da representación comercial individualizada que faga cada unha das empresas participantes no stand da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, realizaranse unha serie de degustacións de produtos
galegos do mar, durante os tres días de celebración do certame.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.