
O sábado 19 de maio ás 20:00 horas, Van Morrison, un dos grandes da música de tódolos tempos, está en concerto no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela. As localidades xa se poden adquirir no servizo de venda de entradas de Caixa Galicia a través da súa páxina web, www.caixagalicia.es, e do teléfono 902 43 44 43.
O Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela é escenario da única actuación do xenio de Belfast confirmada até o momento en España. Van Morrison, cantante, compositor e músico, saldará así unha débeda cos seus seguidores galegos logo de que no 2003 tivera que cancelar o seu concerto por mor da choiva.
Presentouse en rolda de prensa na Fundación Caixa Galicia a actuación do emblemático artista irlandés. O xerente do Multiusos Fontes do Sar, Santiago López, salientou o valor engadido que ten o evento por se tratar da única data confirmada polo de agora, e apostou por que Santiago se converta, con iniciativas coma esta, nunha cidade máis dinámica e máis culta.
Patricia Maceira, en representación da Fundación Caixa Galicia, recalcou que promover a cultura e o turismo é unha das nosas finalidades, e é importante estar presente en eventos coma este. Pola súa banda, o concelleiro de festas de Santiago, Baqueiro lembrou a última visita de Morrison no 2003, cando por motivos meteorolóxicos non se puido gozar do concerto, e indicou a importancia de traer ó mítico artista coincidindo coas festas da Ascensión.
Néstor Rego, concelleiro de cultura do Concello de Santiago, tamén gabou a iniciativa por se tratar dun elemento de promoción da cidade e por ser esta unha oportunidade para que Galiza se sitúe no ámbito da cultura, non só no noso país senón tamén no terreo internacional.
VAN MORRISON
O artista británico regresa a Santiago despois de publicar o seu disco número 37, Van Morrison At The Movies: The Soundtrack Hits (2007), un compilatorio que recolle a súa aportación musical á industria do cine. Neste último traballo inclúe temas como o clásico interpretado por Them, Gloria (que aparece no filme de Francis Ford Coppola Rebeldes), e cancións do talle de Baby Please Dont Go (da banda sonora de Corazón Salvaje, de David Lynch), Brown Eyed Girl (inserta na película de Oliver Stone Nacido el 4 de julio), Wild Night (en Thelma & Louise), Caravan (no filme El último vals), Moondance (a xoia musical de Un hombre lobo americano de Londres, de John Landis) ou Comfortably Numb (unha versión dun tema de Pink Floyd que asoma na recentemente oscarizada película Infiltrados, de Martin Scorsese).
MES DE ESPECTÁCULOS NO MULTIUSOS
O concerto de Van Morrison do 19 de maio é a pincelada dun cartel de luxo no Multiusos Fontes do Sar. O día 3 actúan La Oreja de Van Gogh, Dover e Coti, nun concerto conxunto organizado en colaboración con La Caixa e Los 40 Principales, e o sábado 12 de maio, a partir das 21:00 horas, os amantes da boa música poden gozar da ópera monumental Aída, obra mestra do compositor Giuseppe Verdi sobre o amor, a paixón e a morte.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.