
O polifacético artista español Luis Eduardo Aute e o exlíder de Nacha Pop, Antonio Vega, actuarán xuntos o sábado 21 de abril no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago, no marco do I Festival de Autor Cidade de Compostela. O concerto, organizado pola Concellaría de Cultura e a productora GX (froito da unión entre Xana Producións e Gabba Gabba Hey), ten previsto o seu comezo ás 21:00 horas.
O I Festival de Autor Cidade de Compostela reúne por primeira vez en oito anos ós dous músicos nun concerto único en España. O público poderá escoitar en directo xoias musicais como La belleza ou Al alba, de Aute, ou os exitosos temas Esperando nada ou Se dejaba llevar, firmados polo rostro da movida dos oitenta, Antonio Vega.
Segundo a organización do evento, puxéronse á venda 5.000 localidades e tan só nos dous primeiros días despacháronse 1.500. O prezo da entrada anticipada é de 20 euros e pódese adquirir nas tendas de Compostela Discos Gong e Discoprecio; na Coruña en Discos Portobello e en Cuatro Caminos; en Vigo en Discos Gong; e en Lugo en Muralla Discos. O día do concerto estarán á venda no despacho de billetes do Multiusos a un prezo de 25 euros.
LUIS EDUARDO AUTE
Luis Eduardo Aute, nacido en Manila (Filipinas) en 1943, editou o seu primeiro disco, Aleluya nº1, no ano 1967. Para celebrar os seus corenta anos no mundo da música acaba de publicar o seu álbum número 29, A día de hoy, un disco que recolle 14 novas cancións cantadas en español, en francés e en inglés. Entroutros temas inclúe Alone with you, adicada a Sharon Stone, ou Imaginación, unha canción homenaxe a John Lennon.
ANTONIO VEGA
O autor de La chica de ayer e músico de referencia no panorama da música en España, Antonio Vega, sacou ó mercado o seu último traballo hai dous anos. 3000 noches con Marga (2005) é un tributo á Margarita del Río, a compañeira sentimental de Vega e coautora de algúns dos seus temas máis coñecidos que faleceu no 2004.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.