
As empresas galegas presentes no XXI Salón Internacional do Club de Gourmets fan unha valoración moi positiva dos resultados obtidos pola súa participación no Certame. Realizáronse entre 10 e 15 contactos directos diarios, como media, con clientes potenciais, que non só degustaron os produtos, senón que se interesaron pola distribución, packaging e outras características do mesmo, explican os expositores. Se desas relacións só un 10% se convirten en clientes, xa valeu a pena estar aquí, afirman.
Galiza protagonizou o Obradoiro dos Sentidos como comunidade autónoma convidada deste Certame, que se clausura na tarde de hoxe, xoves 19, no Recinto Feiral Casa de Campo de Madrid. A comunidade galega estivo tamén presente no Salón como expositora, cun stand no que espuxeron os seus produtos 21 empresas agroalimentarias e 9 relacionadas coa pesca e a acuicultura.
Para os expositores, este Salón está moi orientado ao mercado nacional e atrae a un cliente máis de pequenas cadenas de alimentación que de grandes superficies, da zona de influenza da Madrid. As empresas galegas aproveitaron o Salón para presentar produtos novos, como varios viños de bodegas pertencentes ás DD.OO. Ribeiro, Rías Baixas e Valdeorras, castañas precociñadas, asadas ou cocidas, paté de castañas e outros. Ademais, moitos deles tiñeron a oportunidade de aproveitar o Punto de Encontro de Negocios do Salón para incrementar os contactos comerciais.
Galiza pechou a súa presenza no Salón cunha cata vertical de viños da D.O. Rías Baixas, na que se cataron distintas añadas do mesmo viño, o que permitiu comprobar a evolución destes caldos, tradicionalmente considerados do ano, no tempo, tras o seu paso por barrica.
Pola súa banda, os Consellos Reguladores galegos destacaron a importacia das visitas dos colexios ao Obradoiro dos Sentidos, posto que é necesario educar o padal dos máis pequenos, para ter futuros consumidores dos produtos de calidade. Así mesmo, ao Salón acudiron hoxe, xoves, os representantes das queixerías galegas que gañaron os premios de Gourmetquesos, para recoller os seus premios.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.