
40 alumnos de cuarto de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela lanzan á rede Exploradores Urbanos, unha innovadora guía alternativa da cidade. O obxectivo do sitio web (www.novosmedios.org/exploradores) é ofrecer aos visitantes de Compostela unha visión singular e diferente sobre ela mesma e as súas posibilidades de lecer, aproveitando ao máximo as posibilidades actuais da rede no uso de multimedia e en ferramentas de distribución da información.
O equipo de traballo rastreará a cidade en primeira persoa para atopar historias rechamantes e lugares que normalmente pasan desapercibidos nas guías convencionais. Todo isto feito cos únicos recursos técnicos que posúen os alumnos (cámaras dixitais, móbiles, etc) facilitando a proximidade á audiencia sen mermar a calidade do produto.
Os diferentes eixos temáticos que os navegantes poderán atopar son:
- A noite en Santiago. Redescubre a zona de copas da cidade localizando bares e pubs aos que se dirixen hoxe os mozos (e os non tan mozos), sen esquecer os locais característicos da noite compostelá.
- Gastronomía inesperada. Fuximos da Tarta de Santiago e do lacón con grelos para descubrir novos sabores e sensacións culinarias que nacen froito da experimentación e dun importante toque persoal.
- De compras. Saímos polas rúas da cidade para queimar a tarxeta nas tendas máis singulares de Compostela. Búscase un comercio diferente, ben polo seu produto ou pola súa historia.
- Lecer alternativo. Buscamos xeitos diferentes de pasalo ben: apuntarnos a escolas de circo, manter conversas en diversos idiomas ou participar en xogos de rol.
- A tres grados de separación. Consiste en coñecer Santiago a través de distintos personaxes e por medio do boca a boca. O protagonista de cada historia recomendará outros tres coñecidos e o público votará a quen prefire.
- O patrimonio contemporáneo. Fixamos a nosa atención na arquitectura recente de Santiago polo contraste que suscita co casco histórico.
- O patrimonio histórico que non coñeces. Saca á luz elementos e anécdotas descoñecidas das zonas tradicionais e edificios históricos de Santiago.
Exploradores urbanos /07. Descubrindo a cara oculta de Santiago Compostela é un proxecto das materias Creación de Produtos na rede e Obradoiro de Aplicacións na Rede de cuarto de Xornalismo da Facultade de CC. da Comunicación da USC baixo a coordinación do profesor Manuel Gago. A web actualizarase entre abril e xuño deste ano.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.