Notas de prensa

A Deputación Provincial de Lugo e Galicia Digital asinan un convenio

Se trata de difundir temas de interese público relacionados coa provincia de Lugo a través de Internet.

A Deputación Provincial de Lugo ven de suscribir un convenio con Interdix Galicia, S.L., empresa que promove a plataforma en internet www.galiciadigital.com, para a difusión de temas de interese público relacionados coa provincia de Lugo, e como apoio da institución provincial ós contidos informativos da plataforma en relación con esta provincia.

O convenio foi asinado no decurso dun acto celebrado o venres, 13 de abril, no pazo provincial de Lugo, no que tamén subscribiron convenios os alcaldes de Bóveda, Palas de Rei, Castro de Rei, Becerreá e Riotorto, e a empresa Prebetong, S.L.

Por parte da Deputación Provincial asinou o seu presidente, Francisco Cacharro Pardo. Representou a Interdix Galicia,S.L. o Administrador da empresa, Carlos Rodríguez Arias. No convenio recoñécese que www.galiciadigital.com, con vintecatro portais
referidos a temas galegos, ofrece moi importantes contidos sobre a provincia nos aspectos educativo, cultural, turístico, empresarial, páxinas web... coincidindo coa Deputación Provincial no interese da impulsión de temas provinciais.

Nas intervencións posteriores ó asinamento destes convenios púxose de manifesto que www.galiciadigital.com vai alcanzar a cifra de 10.000.000 de visitas no decurso de 2007, o que a acredita como un medio de comunicación válido para chegar a tódolos galegos e difundir temas de interese xeral, neste caso referidos á provincia de Lugo.

Interdix Galicia, S.L., 2007-04-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES