Notas de prensa

Administración, eléctricas e veciños poñen a pelota do traslado das liñas de Oseiro no tellado do alcalde

Na xuntanza mantida iniciáronse as negociacións para unha folla de ruta do desvío. Tódalas partes instaron a Manuel Pose a iniciar en breve os trámites necesarios para conseguir os terreos do novo trazado.

Á xuntanza estaban convocados representantes das eléctricas, Unión FENOSA e Red Eléctrica Española, propietarias das liñas obxecto de debate, ademáis do alcalde de Arteixo e de representantes dos veciños afectados.

Os representantes veciñais valoraron moi positivamente este último feito “ xa que é a primeira vez que podemos oír de primeira man ós implicados e dar a nosa opinión. Poidemos comprobar que a disculpa que sempre nos daba Pose sobre a demora, que él achaca á negativa de Red Eléctrica Española a trasladar o tendido non é certa, xa que o representante desta empresa mostrouse favorable a trasladar as liñas lonxe das vivendas”.

Durante a reunión deixouse claro que a folla de ruta do desvío tén que iniciarse coa xestión municipal para crear un corredor de servicios, para logo pedir ás empresas que trasladen alí os tendidos, ó abeiro do artigo 154 do Real Decreto 1955 / 2000 . O traslado vai ser financiado pola Consellería de Industria aínda que tódalas partes aportarán partidas de diferente importe.

Tanto o Delegado Provincial de Industria, Anxo Calvo, como os representantes das empresas eléctricas mostraron a súa total dispoñibilidade ó traslado e reclamaron unha rápida xestión municipal para crear un corredor de servicios a onde se trasladarían as liñas de alta tensión. “ O alcalde non sabía onde meterse nin que disculpa dar para tratar de explicar o porqué aínda non se fixo esa labor, a pesar de ter transcurridos cinco anos desde que se comprometeu a facer esa xestión”, explican os veciños asistentes.

Por parte da Delegación de Industria ofrecéronse a acompañar ó alcalde arteixán a unha xuntanza urgente na Delegación de Urbanismo da Xunta de Galicia e tratar de solucionar calquera atranco á creación dese corredor.”Sen ese trámite non se pode facer nada máis, se non hai terrenos non hai traslado. A pelota está no tellado do alcalde, xa non pode botar balóns fóra e achacar ós demáis a súa deixadez e ineptitude. Hoxe todos lle reclamamos que traballase, porque xa non hai disculpas para que este asunto estea enquistado”, din os veciños, que agradecen a mediación da Delegación de Industria “ é unha garantía de que se vai actuar con transparencia, algo que ata agora non se fixo”

Na xuntanza, convocada polo Delegado Provincial de Industria, Anxo Calvo, tamén estivo presente o Director Xeral desta Consellería, que avogaron por unha pronta resolución do conflicto e anunciaron que habería unha nova reunión con tódalas partes unha vez o goberno municipal de Arteixo poida aportar datos sobre os plazos para poñer a disposición os terreos.


Anxelina Casas (Veciños de Oseiro), 2007-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES