
Na celebración participaron O grupo galego Conexión, O coro gospel de Vigo e o cantante Marcos Vidal.
Entrevistas co Letrado do Parlamento de Galicia Xoan Carlos Caride, o Médico Manuel Suarez e varias persoas coñecidas das diferentes Igrexas evanxélicas en Galicia.
No programa participaron tamén os xogadores de fútbol VALERON
(Deportivo A Coruña) NENE, GEORGE LUCAS e GIOVANELLA (Celta de Vigo), MARCOS SENNA e GUILLE FRANCO (Vilareal) SYLVINHO y EDMILSON (Barcelona) ADRIANO (Sevilla) EDU (Betis) TIAGO SPLITTER (TAU vitoria) e alguns mais.
Resume dos vinte anos de nacer de novo com algunhas das entrevistas mais importantes, como o premio nobel da paz Desmond Tutu e o cantante Juan Luís Guerra.
E a participación final explicando a laboura das igrexas evanxélicas en Galicia por parte do director do programa, Xaime Fernández Garrido.
Nacer de novo é o programa das Igrexas evanxélicas em Galicia, é o programa insititucional mais antiguo de toda Europa com mais de vinte anos de emisión. Emítese todos os Martes de Madrugada e os Domingos as 8,30h da mañan. Nacer de novo emítese tamén no canle Galicia TV para toda américa e Galicia dixital no canal plus dixital.
O programa do mércores 28 de marzo é un especial adicado os vinte anos de emisión.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.