O SLG considera inxustificada a dilación das negociacións sobre o prezo do leite entre as industrias e os sindicatos
O encontro na ConsellerÃa de PolÃtica Agroalimentaria entre as organizacións agrarias galegas e as industrias lácteas para negociar o prezo do leite saldouse cun adiamento das negociacións ata despois do 25 de maio.
AÃnda que o Sindicato Labrego Galego considera positivo o feito de que, despois de tanto tempo, PolÃtica Agroalimentaria, industrias e sindicatos se sentasen a negociar, considera que esta dilación das negociacións é excesiva, pois a actual crise polos prezos do leite esixe que as negociacións se realicen o antes posible, pois delas depende a continuidade de moitas explotacións. O SLG, dende este punto de vista, agarda que, alomenos, tanto o conselleiro como as industrias manteñan o seu compromiso de realizar máis encontros para negociar a saÃda da crise do sector.
Por outra banda, en palabras da secretaria xeral do SLG, Lidia Senra, a actitude do conselleiro foi demasiado tibia, xa que pediu, textualmente, que os prezos queden onde están e, cando se poida, que suban. As industrias, lonxe de adoptar sequera un compromiso verbal, dixeron que xa contestarÃan.
Ademais, o SLG critica a actitude da patronal láctea galega, que se escuda en que non ten capacidade de decisión para cambiar os prezos, xa que este tipo de decisións son tomadas fóra de Galiza e do Estado Español por parte das directivas das multinacionais das que dependen. O SLG pensa que as decisións si que se poden tomar a nivel galego; é máis, ditas decisións poderÃan servir de pauta, xa que Galiza concentra ao 50% dos productores e productoras, e un 30% da producción do Estado Español.
Gabinete de Comunicación Sindicato Labrego Galego (SLG), 2003-04-28
Actualidad

O 112 Galicia rexistra os seus picos de emerxencia durante as tardes e noites de verán. Os meses estivais traen consigo un cambio nos hábitos da poboación galega: dÃas máis longos, noites máis activas e un aumento significativo das incidencias xestionadas polo 112. Segundo os datos, as franxas horarias con maior demanda son as 15:00 e as 20:00 horas, coincidindo cun estilo de vida máis intenso e prolongado durante o verán. En 2023, o servizo rexistrou medias de 1.300 intervencións entre as 15:00 e as 16:00 horas, e case 1.500 (1.484) entre as 19:00 e as 20:00 horas durante xuño, xullo e agosto. AÃnda que en 2024 houbo un descenso global de incidencias (233.289 anuais), estas franxas mantiveron cifras elevadas: máis de 1.000 chamadas á tarde e 1.200 á noite no mesmo perÃodo.

O Goberno galego incrementará o orzamento destinado á formación do persoal dos servizos de prevención de incendios forestais ata os 1,8 millóns de euros no bienio 2025-2026, o que supón un 19% máis que no perÃodo anterior. Esta medida enmárcase no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga), cuxo obxectivo é minimizar o impacto ecolóxico, económico e social dos lumes, optimizando os recursos dispoñibles. O compromiso formativo da ConsellerÃa do Medio Rural xa se reflectiu en 2024, cando se impartiron 473 cursos con 11.447 participantes e máis de 108.000 horas de adestramento.
Notas
A revista cientÃfica Nature publica un achado fundamental para comprender a prevalencia da materia sobre a antimateria que existe desde as orixes do universo. O artigo, asinado polo equipo do experimento LHCb do CERN no que participa o Instituto Galego de FÃsica de Altas EnerxÃas (USC), abre unha nova vÃa na procura de fÃsica máis alá do Modelo Estándar, a construción máis completa que a ciencia conseguiu ofrecer ata agora para explicar o universo.
AÃnda que o descubrimento remóntase ao ano 2021, non foi ata onte cando a revista Archaeological and Anthropological Sciences publicaba o achado realizado por integrantes do Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio da UVigo, que hai anos traballan no xacemento ourensán de Arema, na parroquia ourensá de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), do primeiro trilobite confirmado da época romana.