
Igalia, a empresa galega de Software Libre, convoca o Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira(PFC) con Software Libre 2007, o cal xurde para fomentar o acercamento e coñecemento dos
universitarios galegos sobre o Software Libre (SwL) e promover o emprego de calidade baseado nas tecnoloxías da información e da comunicación.
O obxectivo é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando ó mellor deles con 1,000 e a difusión pública do mesmo.
O período de inscrición vai dende o 31 de marzo ata o 31 de outubro de 2007, podendo participar calquera estudante dunha universidade galega que defenda o seu PFC cunha nota mínima de 5.0 nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do presente ano 2007.
A iniciativa, coa que colaboran as 3 universidades galegas e a Consellería de Innovación a través de Mancomun.org: "Iniciativa Galega polo Software Libre", será presentada o mes de abril nas principais facultades e escolas técnicas de Galicia:
* Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Martes 10 de abril ás 12.30.
* ETSE Telecomunicacións da Universidade de Vigo, dentro do VII Foro de Emprego. Xoves 12 de abril ás 16.00.
* Escola Superior de Enxeñería en Informática da Universidade de Vigo (Ourense). Luns 16 de abril ás 12.00.
* Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago. Xoves 26 de abril ás 12.00.
O Premio de 1,000 entregarase no salón de actos da Facultade de Informática da Coruña na terceira semana de novembro, podendo o xurado decidir a concesión dun accésit de 500 .
Organiza: Igalia
Colaboran: Consellería de Innovación (a través de mancomun.org), Universidade da Coruña, Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela.
Sobre Igalia:
Igalia é unha empresa de Software Libre, cuxas solucións se caracterizan pola súa calidade e excelencia tecnolóxica, aportando valor aos seus clientes e apoiando o crecemento da comunidade de Software Libre. (http://www.igalia.com)
Sobre o Software Libre:
O "Software Libre" é unha cuestión de liberdade, non de prezo. Para entender este concepto, debes pensar en "libre'' como "liberdade de expresión", non como "cervexa gratis". "Software Libre" é unha cuestión da liberdade dos usuarios de executar, copiar, distribuir, estudar, trocar e mellorar o software.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.