Notas de prensa

Do 9 ao 13 de abril desenvólvese a XXIV Semana Galega da Filosofía

Filosofía e diferenzas é o título xenérico do evento que se desenvolve no Centro Social Caixanova de Pontevedra e no que xa se inscribiron máis de 1.000 persoas.

Unha primavera máis reúnese na cidade de Pontevedra un grupo das máis destacadas figuras intelectuais no ámbito do pensamento que animarán as sesións desta sobranceira cita cultural entre o 9 e o 13 de Abril. Filosofía e diferenzas, é o tema proposto para esta ocasión, unha reflexión sobre o concepto do distinto, do diverso, do que é doutra maneira, do diferente. Realidades que definen o mundo social do presente, o mundo das diferenzas, físicas, culturais, económicas, sociais, ideolóxicas, pero que con demasiada frecuencia tradúcense en desigualdade, en desintegración social ou en pura violencia, exercida coa forza do pensamento hexemónico, dogmático e intolerante.

Por tanto, recoñecer a diversidade nos seres humanos como algo natural fronte a suposta homoxeneidade construída culturalmente, segue a ser un reto da cidadanía, non vetar as diferenzas segue a ser un exercicio da máis auténtica tolerancia, de verdadeira democracia.

A XXIV Semana Galega de Filosofía aborda o tema nas sesións de mañá, tarde e noite, baixo os epígrafes Pensando as diferenzas, Diferenzas aquí e agora e Diferenzas Vetadas. A poucos días de comezar o encontro, hai máis de 1.000 participantes inscritos. Esta receptividade é unha boa proba do grande interese que esperta o tema proposto nesta edición da veterana cita. Aínda o luns 9 de abril, primeira xornada de sesións, é posible inscribirse no Auditorio de Caixanova en Pontevedra.

Son cinco ponencias, en horario de mañá, que queren ofrecer as explicacións que aporta a Filosofía neste eido. Dende a consideración da igualdade como eixo do desenvolvemento da cidadanía na modernidade, “pensar a diferenza” é un dos retos máis relevantes do pensamento contemporáneo. A teoría feminista, o pensamento débil da postmodernidade, a transmodernidade ou as aportacións da metafísica serán abordadas polos intelectuais Gianni Vattimo, Ángel Gabilondo, Fina Birulés, Rosa Mª Rodríguez Magda e Viçens Navarro.

Dende unha perspectiva de proximidade, son unha aportación a pensar o noso, o próximo, a realidade galega. A nosa identidade como realidade diferenciada doutras realidades será valorada por xestores de urbanismo (José M. Tato, Juan L. Dalda) e escritores (Darío Xoán Cabana, Anxo Angueira). Ignacio Salazar exporá a experiencia personal da discapacidade como una expresión da diversidade. Cuestionando a consideración de diferente, Jurjo Torres incidirá na construcción-reproducción das desigualdades no sistema educativo, tamén en Galicia. E como achegamento ao mundo artístico, Leo Bassi e Iván Prado representarán o espectáculo Acción na diferenza: Bufón e sociedade.

As sesións de noite (20.00-22.00, día 12 de 19.30 a 21.15) dedicaranse ao mundo da política, a arte e a literatura. Dietrich Heinze aproximarase aos novos modelos de “Socialismo do século XXI” que representa Hugo Chaves en Venezuela e Rafael Correa en Ecuador ou o “Socialismo comunitario” de Evo Morales, o presidente boliviano que hai tres anos participou na Semana Galega de Filosofía. O comisario de arte Xavier Araquistáin fala das dificultades que aínda quedan por subsanar no mundo da arte contemporánea para equiparar a presenza de artistas femininas ou o tratamento da identidade. A crítica literaria Helena González salienta, pola súa parte, a grande diferenza entre o contexto no que se desenvolven as nosas mulleres literatas e as de literaturas próximas.


Teresa C. (Semana Galega da Filosofía), 2007-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES