Notas de prensa

O Marco organiza unhas interpretacións do libro Silencio, de John Cage

A cargo do Grupo AC (Eventos Fluxux), enmárcase no conxunto de actividades paralelas de Escoitar.org, no Espazo Anexo do Museo.

O venres 6 de abril ten lugar no Espazo Anexo do MARCO a terceira das actividades paralelas que o colectivo Escoitar.org ven organizando neste Laboratorio de audio. O Grupo AC de Vigo, integrado polas artistas e intérpretes Estela Ballesteros e Cecilia Blanco, coa colaboración dos actores Artús Rey e Juan Luis Carro, levará a cabo varias interpretacións do libro Silencio, de John Cage.

Interpretacións do libro Silencio, de John Cage
Grupo AC (Eventos Fluxus): Estela Ballesteros e Cecilia Blanco, coa colaboración de Artús Rey e Juan Luis Carro
Data: venres 6 abril
Lugar: Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Horario: de 19.00 a 21.00
Entrada libre ATA COMPLETAR AFORO (50 PERSOAS)

O termo “Fluxus” foi empregado por primeira vez polo artista norteamericano George Maciunas en 1961: “(...) o artista non debe facer da súa arte unha profesión. Todo é arte e todos poden facelo”. A partir de entón o concepto Fluxus serviu como denominación para concertos e eventos, manifestos e edicións que se publicaron en Europa, EE.UU. e Xapón. A partir dos anos sesenta e ata hoxe, Fluxus mantívose como denominador común para unha morea de actividades artísticas, e tamén como unha rede multidimensional de representacións, encontros, ideas e obxectos.

O Grupo AC de Vigo revivirá aquela actitude Fluxus a través dunha serie de curtas accións (Eventos Fluxus) baseadas principalmente na obra do compositor estadounidense John Cage, autor do libro Silencio. Lecturas aleatorias do libro, extractos de conferencias, silenzos públicos, conversas ficticias entre Erik Satie e John Cage, e a interpretación da Suite for Toy Piano (cun piano de xoguete), son os elementos deste menú de accións para a tarde do venres. A continuación, no Espazo Anexo se proxectarán varios vídeos da artista Estela Ballesteros que se exhibirán durante unha semana no Plató de TV do Audio-HackLAB Escoitar.org.

+ INFO http://www.escoitar.org

Museo de Arte Contemporáneo (Marco), 2007-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES