
Continúa o crecemento de Galiciadigital.com: durante o mes de marzo de 2007, a plataforma en Internet rexistrou un total de 632.949 visitas con 1.976.524 páxinas vistas. O promedio diario de visitas foi de 20.407.
Estas cifras implican un incremento do 18,78% no mes de marzo, un 10,81 en Febreiro e un 12,36% en Xaneiro. Desde finais de decembro a finais de maio o incremento das visitas a www.galiciadigital.com foi do 47,89%.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.